Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 19 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia o "lamentable estado de pintado" dos pasos de peóns

[Img #33889]

 

Para O Concelleiro Manuel Gregores Martínez resulta "inadmisible o que está a pasar neste Concello no pintado e mantemento dos pasos de peóns realizado en teoría hai unhas semanas nos propios días da celebración das festas do Corpus Christi".


"Este goberno que se caracteriza por propaganda máis propaganda pero realmente os feitos son escasos e mal realizados" afirman dende ACIP.


[Img #33890]"Nas rúas, RúaCamelias, Rúa Salgueiros e Xoan Trobador García de Guillade os veciños pregúntanse se o pintado dos pasos de peóns ao Concello non lles chegou  a pintura pois resulta paradóxico  que os pasos de peóns só están pintados a medias é dicir a metade da rúa soa. Dita situación provoca as queixas veciñais a mais con contestacións fóra de lugar do Concello dicíndolles que xa irán a terminar de pintar coa grave situación que isto provoca ao non existir pasos de peóns o que puiden provocar atropelos pola súa nula sinalización" explican.


Esta situación tamén provoca -segundo ACIP- discriminación "dunhas zonas do centro urbano onde se procedeu ao pintado e noutras non, o que provoca un problema de seguridade viaria pois en varias zonas o pintado das rúas é nulo".


"É curioso que a Concelleira de tráficosalga na prensa anunciando o pintado do centro urbano cun investimento de máis de 30.000 euros segundo as súas manifestacións e o pintado deste ano foi nefasto e nos propios días das festas do Corpus o que provocou que fixesen un traballo a correr e sen cumprir co seu verdadeiro labor" aseguran.


"Este goberno que criticaba ao anterior por realizar o pintado xusto encima de corpus e resulta que este peor aínda cando estaban a pintar na véspera propia das festas do Corpus" indican dende ACIP.


Gregores Martínez manifesta o que "é voz popular neste Concello onde existe un goberno sen planificación e que ao final malgasta o diñeiro público dos veciños en facturas de traballos mal realizados ou incompletos o que resulta inadmisible para un Concello como Ponteareas que esixe aos veciños que paguen os seus impostos e o goberno malgástao".


Desde ACiP esixen "medidas e corríxanse este tipo de accións dun goberno que van pasando máis de dous anos de estar no goberno e segue nos seus treces de ser unha vergoña para Ponteareas".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.