Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 15 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Recepción das estrelas do deporte nas Neves

Deportistas de alto nivel son recibidos na Casa do Concello.

[Img #33933]

 

Brais Alves, David Durán, Ángela Soto, Lucía Rodríguez e Basílio Porto; cinco neveses cunha longa traxectoria no bádminton que acadaron un total de oito campionatos de España entre 2008 e 2017, foron recibidos na Casa do Concello.

 

Na recepción tamén es tivo Verónica Bastos; unha nevesa de adopción, que tras coñecer que padecía escoliose, decidiu recorrer ao deporte para frear as lesións que esta doenza lle provocaba. Foi no 2011, cando comezou a practicar o Bikini Fitness, a categoría máis comercial dentro do fitness, na que se busca achegar este deporte á xente de a pé, con corpos moito mais accesibles e no que a excesiva definición muscular está penalizada. Dende 2012, ano no que comezou a competir, obtivo xa un total de 12 títulos a nivel galego, estatal e, mesmo, internacional.

 

O acto tivo lugar o pasado martes catro de xullo, cando o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o concelleiro de deportes, Óscar González, lles deron a benvida a estes neveses e nevesas do mundo do deporte. Trala foto inicial nas escaleiras da entrada do edificio, tivo lugar unha xuntanza no salón de plenos, na que os responsábeis políticos, ademais de darlles os parabéns polas súas brillantes traxectorias, aproveitaron para escoitar as demandas deste grupo de deportistas de elite.

 

Detalle do palmarés dos deportistas:

Brais Alves Estévez

Campión de España sub-13 en individual masculino. Oviedo 2008. Campión de España sub-19 en dobres masculino. Ponteareas 2014.

 

David Durán Vázquez

Campión de España sub-19 en dobres masculino. Huelva 2008.

 

Ángela Soto Martínez

Campioa de España sub-19 en individual feminino. A Coruña 2011.

 

Lucía Rodríguez García

Campioa de España sub-11 en individual feminino. Ponteareas 2015.
Campioa de España sub-13 en individual feminino e en dobres mixtos. Granada 2017.

 

Basílio Porto Táboas

Campión de España sub-13 en dobres mixtos. Granada 2017.

 

Verónica Bastos:
Subcampioa no campionato Galego. 2012.
Terceira clasificada no campionato Norte de España. 2012. Subcampioa no campionato Galego. 2014.
Premio a mellor posadora no campionato Galego. 2014.
Campioa Absoluta no campionato Galego. 2015.
Premio mellor posadora no campionato Galego. 2015.
Terceira clasificada no campionato Norte de España. 2015.
Cuarta clasificada Open Wolf Nutrition. 2016.
Terceira clasificada Norte de España. 2016.
Segunda clasificada no Open Nacional Musclepower . 2017.
Campioa Absoluta na Copa de España . 2017.
Cuarta clasificada Olympia Amateur . Marbella (Internacional). 2017.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.