Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 17 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo presenta a súa candidatura aos premios AGADAER

Contan co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Ponteareas

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo (BMXX), presentou a súa candidatura titulada “A música, factor de desenvolvemento socio-económico na comarca do Condado” aos VIII premios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) convocados a través da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

 

Estes premios teñen como finalidade primar aquelas iniciativas que, no seo da comunidade autónoma de Galicia, contribúan de xeito singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade más dinámica e cohesionada. A candidatura da BMXX diríxese á categoría de “proxectos realizados por mozos e/ou que teñan a ese colectivo como principal beneficiario” podendo optar a un premio de 15.000€, ao configurarse como unha Asociación Xuvenil que promove o desenvolvemento rural actuando como un axente socio-económico que vai máis alá do ámbito da educación e da cultura.

 

Esta Asociación Xuvenil realiza ininterrompidamente dende 1979 actividades relacionadas coa música orientadas á mocidade de toda a comarca do Condado. Conta cunha traxectoria de case trinta anos de fecunda actividade, facilitando o acceso aos estudos musicais da poboación máis nova con menos recursos económicos das zonas rurais do Condado, converténdose así nun activo axente social que impulsa á vitalidade, a promoción de valores e a oferta de servizos desta parroquia.

 

A BMXX conta dende 1998 con Escola de Música propia, a cal representa unha poderosa ferramenta de dinamismo social, educativo e económico ao servizo da poboación rural. Na actualidade, a Escola de Música de Xinzo conta con máis de 100 alumnos/as da maioría das poboacións da comarca do Condado, con idades comprendidas entre os 3 e os 25 anos, mantendo os veciños das parroquias limítrofes unha participación moi activa na vida socio- cultural, económica e educativa de Xinzo.

 

Destacan tamén a súa labor de difusión dos valores da igualdade de xénero, cooperación e esforzo entre a mocidade. Dende a dirección da BMXX séguese a premisa de que o cadro de profesorado da súa Escola de Música sexa paritario. Ademais, tamén incentívase que os mozos e mozas que desexen iniciarse no estudo dalgún instrumento musical, o fagan en aqueles nos que a prevaleza de sexo sexa oposta. Destacar que a BMXX foi a primeira Banda de Música de carácter Xuvenil en Galicia que contou nas súas filas cunha muller tocando a tuba.

 

Ademais esta Asociación Xuvenil representa unha fonte de xeración de emprego dirixido á mocidade, actualmente contan cun cadro paritario de 8 profesores menores de 35 anos con titulación superior.

 

Nos últimos dous anos procederon dun xeito innovador dentro do seu eido, a regularización fiscal, laboral e administrativa de toda a xestión da Asociación Xuvenil. Sendo a primeira Asociación Xuvenil do eido cultural en Galicia que procedeu a cometer todo este proceso de regularización o que significou, entre outras cousas, unha mellora na calidade e condicións laborais de todos os traballadores e traballadoras. Na actualidade o modelo de regularización seguido pola BMXX é un referente autonómico, copiándoo diferentes Bandas de Música Populares de Galicia que están iniciando este proceso de regularización.

 

Froito do bo traballo feito dende a súa fundación, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo acadou diversos premios e recoñecementos a nivel municipal, provincial e autonómico, entre os que se destacan: 1o e 2o Premio no VIII Certame Galego Bandas de Música nos anos 2014 e 2012, 1o Premio no Certame Provincial de Bandas de Música nos anos 2009, 2011 e 2014, ou o Premio 2014 do Concello de Ponteareas pola súa contribución no eido cultural.

 

Así mesmo, no pasado mes de maio a Asemblea Xeral de dita Asociación Xuvenil acordou por unanimidade constituír unha fundación co obxectivo de potenciar economicamente á BMXX, tratando de buscar financiamento alternativo dende empresas privadas, co fin de que dita Asociación Xuvenil poda seguir crecendo. Este aspecto tamén destaca no eido innovador por ser a primeira Asociación Xuvenil en Galicia que constitúe a súa propia Fundación. Constatando dun xeito destacado a contribución da BMXX á actividade económica da parroquia de Xinzo e de toda a comarca do Condado.

 

A BMXX edita o seu primeiro CD en 2010 con motivo do seu XX aniversario, e posteriormente no ano 2014 edita o seu último traballo discográfico con obras musicais inéditas do compositor Reveriano Soutullo de Ponteareas, un claro exemplo de como esta Asociación Xuvenil tamén promove a investigación e difusión do patrimonio cultural e artístico da comarca do Condado.

 

Esta Asociación Xuvenil conta cun gran apoio social, aglutinando a 500 socios e socias de toda a comarca do Condado. De igual forma, esta candidatura aos premios AGADER tamén conta con destacados apoios de diferentes perfís (social, político, musical, cultural, educativo, etc.)

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.