PROVINCIA
O Parque Comarcal do Morrazo extinguiu a pasada noite un incendio nun edificio de vivendas de Marín
Catro veciñas e veciños e un bebé foron trasladados ao centro de saúde pero foron dadas de alta trala observación do persoal médico.
![[Img #33948]](upload/img/periodico/img_33948.jpg)
O Parque Comarcal do Morrazo do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e de Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra, interveu esta madrugada na extinción dun lume orixinado nun edificio de vivendas de cinco plantas da localidade de Marín.
O Parque recibiu o aviso do incendio ás 4:46 horas da madrugada e ata o lugar se desprazou a dotación de garda cun vehículo de primeira intervención e o auto-escaleira. Unha vez no lugar, o equipo contra incendios e de salvamento verificou que se desaloxara a todas as persoas da vivenda incendiada, entre elas un bebé, e ao resto de veciñas e veciños.
O persoal do Parque, adscrito á Deputación de Pontevedra, foi quen de localizar o foco e de extinguir o lume e traballou na ventilación da vivenda para poder permitir o realoxamento dos veciños e veciñas unha vez a medición de monóxido de carbono foi apta para poder realizar esta tarefa. A intervención, deste xeito, rematou ás 7:26 horas da mañá.
Un total de catro veciñas e veciños mailo bebé foron trasladados e trasladadas polo servizo de emerxencias 061 ao centro de saúde e todos e todas foron dadas de alta trala súa observación por parte do persoal médico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136