PROVINCIA
O Goberno de Carmela Silva adxudicará hoxe máis de 300.000 euros para os Servizos Sociais básicos doutros seis concellos da provincia
O Plan de Cofinanciamento de Servizos Comunitarios Básicos inclúe por vez primeira a tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes.
A Xunta de Goberno Da Deputación de Pontevedra aprobará este venres a adxudicación de 332.543,22€ para 6 concellos da provincia dentro do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos Concellos de menos de 20.000 habitantes para o ano 2017.
Este é o 3º grupo de concellos que recibe a achega da Deputación de Pontevedra despois de que xa se aprobaran as adxudicacións para outros 43 concellos. Nesta ocasión, os beneficiarios das axudas son A Illa de Arousa, cunha achega de 21.014€; Moaña, con 80.671; Mos, con 65.851,24€; Pontecesures, con 14.160€; O Porriño, con 67.907€, e Vilanova de Arousa, con 82.939,48€. En total, a Deputación de Pontevedra aprobará unha adxudicación de 332.543,22€, cifra que súmase aos 1.722.829,98 € que xa leva entregados a institución provincial.
Na convocatoria de 2017 puxéronse a disposición dos Concellos da provincia 2.215.035.33€, destinados ó financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia e ao persoal dos servizos comunitarios básicos dos Concellos de menos de 20.000 habitantes, como persoal administrativo e do servizo de Educación e apoio familiar.
No pasado ano 2016, a Deputación de Pontevedra adxudicou un total de 1.359.142,45€ aos concellos de menos de 20.000 habitantes para investir no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), e grazas ao financiamento da Deputación Provincial, prestouse este Servizo a preto de 1.000 persoas dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, principalmente a mulleres (o 66,7% das usuarias do SAF) maiores de 70 anos e coas limitacións propias da idade polo que precisaban apoio para realizar algunhas das tarefas e actividades da vida diaria, permitíndolle este servizo poder residir no seu domicilio habitual con autonomía e seguridade.
Coa aprobación deste terceiro grupo de achegas tan só quedan por entregar axudas por valor de máis de 150.000€ a tres concellos da provincia, concretamente a Baiona, Crecente e Mondariz Balneario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136