Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 14 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Biblioteca Municipal do Porriño manttense pechada o mes de agosto polas tardes

A Biblioteca Municipal do Porriño foi escollida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para integrarse na renovada Rede de Bibliotecas de Galicia baseada na plataforma Koha, un software libre de código aberto. Grazas aos novos cambios que se porán en marcha este verán, a biblioteca porriñesa poderá ofrecer ás súas usuarias e usuarios novos servizos e novas facilidades.


Este importante proxecto permitirá establecer un carné único de lector válido para todas as bibliotecas públicas desta rede, polo que os usuarios e usuarias da institución porriñesa pasarán automáticamente a poder usar os servizos de máis de 70 bibliotecas de toda Galicia cun único carné. Ademáis, a Biblioteca do Porriño integrará a súa base de datos no catálogo colectivo da Rede, polo que os seus usuarios e usuarias poderán consultar e acceder nunha única páxina web a milleiros de novos recursos dispoñibles, entre eles, á colección de libros electrónicos da plataforma dixital GaliciaLe. Ademáis, poderase acceder a un espazo personal online para consultar históricos de préstamo, realizar reservas, renovacións e outras funcionalidades, e ampliarase o número máximo de préstamos dende os tres exemplares actuais a cinco.


Este novo impulso aos servizos bibliotecarios suporá un notable esforzo técnico e de mellora tecnolóxica, polo que a biblioteca aproveitará a menor afluencia de visitantes no mes de agosto para levalos a cabo.


Deste xeito, dende o 7 de agosto ao 1 de setembro pechará en horario de tarde, permanecendo aberta polas mañás entre as 08:00 e as 14:00 de luns a venres. A biblioteca e o Concello do Porriño queren agradecer a todos os seus usuarios e usuarias a súa comprensión por este cambio puntual, motivado pola posta en marcha destes novos servizos e funcionalidades dos que poderán disfrutar xa a partir do mes de setembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.