SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda asegura que o alcalde "minte" sobre o Centro de Saúde
Explican que "a nota simple informativa do Rexistro da Propiedade de Tui sobre a parcela a ceder e o Convenio asinado polas dúas Administracións, deixan en evidencia as mentiras do alcalde sobre o Centro de Saúde".
O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, amósase decidido a demostrar con documentos oficiais que o que veñen decindo os populares nas últimas semanas é certo, asimesmo, lamenta "a manipulación do alcalde nos últimos dez anos ante os veciños e as veciñas ó acusar a este grupo de entorpecer a construcción do Centro de Saúde".
“Cómpre recordar que, como o solo a ceder por parte do Concello ó SERGAS para a construción do Centro de Saúde non era urbanizable, foi preciso un proxecto de reparcelación, cousa que o alcalde sempre negou (según él unha traba máis que puña o PP de Salceda).Tras esta reparcelación, os datos rexistrais da finca mudaron como así o demostra a nota simple informativa do Rexistro da Propiedade de Tui sobre a parcela a ceder emitida á nosa petición con data 14 de Xullo de 2017: novo número de tomo (1292), libro (130), folio(127), etc. O problema xorde cando o Alcalde Besada, no Convenio asinado coa Xunta de Galicia (Conselleiro de Sanidade), aporta a documentación sen modificar, é dicir, os datos rexistrais da finca previos á reparcelación, co número de tomo (1227), libro (125) e folla (119) do ano 2011 e non os actuáis (2016). Por qué estes datos non coinciden? Non coinciden porque o Convenio asinábase o 29 de marzo de 2016 e o Alcalde rexistrou a reparcelación da finca o 24 de Novembro de 2016, é dicir, oito meses despois de asinar o convenio” explica Davila
"Foi este o motivo polo que en Marzo deste ano non se puido firmar a escritura pública ante notario, xa que o mesmo alertou da non coincidencia dos datos rexistrais da finca que se describe no convenio (cláusula 2ª) e a da resultante da reparcelación" dí.
O documento enviado pola Xunta ó Goberno Municipal o pasado 3 de Maio especificaba claramente os problemas que o Concello debía solucionar para continuar ca tramitación da cesión da parcela
Continúa Davila “outro dos documentos que o demostra o que vimos defendendo nas últimas semanas é certo, é unha comunicación por parte da Xunta de Galicia ó Goberno Municipal recibida 3 de maio de 2017 –e á que nós puidemos acceder dende hai tan só uns días, xa que o Alcalde non nola facilitaba- na que se lle indica os problemas que o propio Goberno debería solventar e que impiden que a cesión da parcela se leve a cabo definitivamente”.
Os populares non poñen en cuestión que os metros cadrados da parcela sexan os mesmos, tan só queren deixar claro que a numeración rexistral non coincide e, polo tanto, a efectos xurídicos é unha nova finca, cun novo número de tomo, libro, folla, etc. Tamén, animan ós veciños e veciñas a que se acheguen ó Rexistro da Propiedade de Tui e que soliciten información da parcela cos datos que figuran na Cláusula 2ª do Convenio, “alí diranlle que esa parcela non existe a día de hoxe”.
“O Partido Popular de Salceda non é culpable da situación actual. Todos estes documentos veñen a demostrar a irresponsabilidade do Alcalde na tramitación e xestión urbanística, e o que é máis grave, a mentira que leva sostendo nos últimos dez anos. Marcos Besada pretendía ceder no Convenio unha parcela que non existe no Rexistro da Propiedade de Tui a día de hoxe e este é o motivo polo que a cesión da parcela á Xunta de Galicia está paralizada” remata Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149