Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Xornal21
Sábado, 29 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

‘Porriño Accede’ permite que a maioría dos participantes do programa atopasen traballo

O Concello do Porriño presentou a principios deste mes de xullo o programa de formación ‘Porriño Accede’, promovido pola Concellería de Emprego e Formación que dirixe Soledad Girón, e que é unha iniciativa que, como sinala a propia concelleira, “quere dar resposta ao desexo de combater o desemprego dende unha posición activa, apostando pola formación e coa colaboración das empresas da contorna”.


‘Porriño Accede’ abrangue un proceso de capacitación inicial, dirixido á obtención das competencias profesionais que piden as empresas, complementando as mesmas con prácticas non laborais que teñen coma previsión a empregabilidade.


 Soledad Girón subliña que por medio de ‘Porriño Accede’, “proporciónase unha oportunidade real a colectivos de difícil reinserción laboral pois permite formar a persoas desempregadas en conceptos demandado polas empresas, garantindo, deste xeito, o acceso ao tecido empresarial”.


A participación das empresas artéllase grazas aos convenios de colaboración asinados pola Concellería de Emprego e Formación: neste 2017 xa se formalizaron ,ata agora, 12 convenios de colaboración nun marco de tres acciones formativas, que permitiron que 12 das 15 persoas que participaron na primeira acción empezasen a traballar. Nove delas  obtiveron esta oportunidade por medio das prácticas non laborais; coa seguinte formación, foron 6 as insercións laborais e hai previsión doutras 3 no que resta do programa.


Finalmente, na última acción formativa, conqueríronse  9 insercións, tamén de 15 participantes e está previsto completar tres accións en conxunto ao longo deste ano.


Soledad Girón subliña que ‘Porriño Accede’ ten coma obxectivo esencial “xerar oportunidades para as porriñesas e porriñeses desempregados, grazas ao esforzo por atopar unha resposta ás necesidades do tecido empresarial co que conta a nosa vila, un dos máis importantes de Galicia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.