GALICIA
As exportacións galegas seguen marcando novos récords cun incremento do 10,7% no que vai de ano
Os cinco primeiros de 2017 son os de maiores vendas ao exterior da comunidade de todo o rexistro histórico.
As exportacións galegas continúan marcando novos récords, rexistrando un incremento do 10,7% de xaneiro a maio con respecto ao mesmo período do ano anterior, sendo estes os cinco primeiros meses do ano con maiores vendas ao exterior de todo o rexistro histórico.
Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, a comunidade logra así a terceira mellor balanza comercial de España en termos absolutos, sumando 1.750,7 millóns de euros no que vai de ano.
Destacan os incrementos de sectores como a industria conserveira, cun 20,2%; a pesca, cun 19,8%, ou a metalurxia, cun 19,1%
Neste período destacan os incrementos da industria conserveira, que sobe un 20,2%; da pesca, cun aumento das exportacións do 19,8%; da industria metalúrxica, cun 19,1%. Rexistran tamén importantes subas outros sectores estratéxicos como o textil, cun incremento do 10,4%, ou o sector naval, que logrou exportar 292 millóns de euros.
Cómpre tamén salientar o aumento das vendas a destinos como América Latina, cun 74,3%; Marrocos, cun incremento do 24,4%, ou Asia, cunha suba do 3,7%, ademais de países da UE como Bélxica (27,3%), Italia (11,4%) ou Alemaña (6,2%).
Galicia está a vivir o seu mellor ciclo exportador, logrando que os últimos catro anos sexan os de maiores vendas ao exterior da historia da comunidade. Isto é posible grazas ao esforzo das empresas galegas, que contan co respaldo da Xunta a través da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149