Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 31 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Concellería de Ensino publica a listaxe de admitidos do comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey

Aínda quedan algunhas prazas libres para o vindeiro curso escolar para tódolos usuarios interesados.

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas adianta que xa está publicada a listaxe de admitidos para o comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey. A listaxe pode consultarse
na páxina web do Concello de Ponteareas


O horario do servizo de comedor é a partir das 14 horas enlazando directamente co remate da xornada escolar e quedando ao cargo dos monitores ata as 16 horas que os veñan recoller as familias ou  momento en que comezan as actividades extraescolares no Colexio.


“Os/as monitores/as atenden ao alumnado unha vez que rematan de xantar e quedan con eles aprendendo hábitos de vida saudables ou introducíndose en actividades deportivas, entre outras moitas actividades que realizan nese tempo. Para facilitar a conciliación familiar o persoal encargado deixa aos pequenos e pequenas directamente nas actividades extraescolares no caso de que os pais ou titores legais así o indiquen previamente”, explica a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.