Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 04 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar estreará unha aplicación de Turismo

[Img #34070]

 

Este é o obxectivo do Concello de Gondomar ao por en marcha unha aplicación que calquera dos seus habitantes poderá baixar no seu móbil, tablet ou ordenador, para acceder a un grande banco de datos de puntos de interese turístico do concello.


A aplicación  recolle máis de 70 rexistros turísticos, estruturados en seis grandes eixos: Arquitectura Civil, Arquitectura Relixiosa, Espazos Naturais, Arqueoloxía, Roteiros , e Festas e tradicións.


A prolífica catalogación, unha das máis completas de Galicia, recolle: Pazos, petróglifos,  igrexas románicas, pontes románicas, Serra do Galiñeiro, castros, vistas panorámicas, curros, Corpus, festas gastronómicas, ...  Todos eles son  enumerados, localizados e documentados.


Un dos principais activos desta ferramenta é a xeolocalización de todos os puntos de interese turístico, de tal xeito que o usuario poderá coñecer instantaneamente a distancia, o tempo, e a ruta de cada recorrido (a pé, en bicicleta ou en coche) a cada un dos elementos recollidos no catálogo. Pudendo usarse, tamén, o móbil como gps que nos leve ata o punto turístico elixido.


No exhaustivo documentado traballo de recolección no colaboraron activamente tanto Patricia Costas Collazo, Técnica de Turismo, facilitada póla Deputación de Pontevedra.  Como o alumno Daniel Rodríguez Estévez,, alumno do IES Terra de Turonio, grazas ao convenio asinado co Ciclo Actividades Físico Deportivas no Medio Natural.


"No momento en que se libere o bloqueo presupostario que padece o Concello de Gondomar, incluiremos as 35 rutas de sendeirismo que estudiado, deseñado e perfilado desde a Concellería de Turismo" sinalan.


Para axudar aos potenciais visitantes esta aplicación tamén identifica puntos do comercio e hostalería local que responden a tres preguntas: Onde comer? Onde durmir? Onde mercar?


Por último non faltan os teléfonos de interese máis socorridos.


"A Aplicación está escrita en Galego e Castelán. Na Concellería de Turismo, agardamos tela pronto tamén en Portugués e Inglés, na medida que dispoñamos de recursos" indican.


"Esta aplicación estará operativa antes de que remate o mes de Xullo, e o Concello convida e anima aos veciños de Gondomar a que a baixen, que se sintan orgullosos do gran patrimonio que acumulamos, algún de autentica excelencia turística.e  sobre todo a que se convertan en Oficinas de Turismo Virtuais, para espallar aos nosos emigrantes, expatriados, visitantes  e ao mundo, todo o que nos podemos aportar. Sería un fermoso soño ter 14233 Oficinas de Turismo en Gondomar, unha por cada habitante" explican dende o Concello.


 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.