A GUARDA
Portos de Galicia aproba os plans de usos das instalación da Guarda-A Pasase e Nigrán
Os documentos definen os usos e actividades que se desenvolven en cada un dos peiraos e zonifica o solo para o desenvolvemento de cada actividade.
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar os documentos de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP), o chamado Plan de Usos, dos portos de Muros, Panxón (Nigrán), Bueu-Beluso e A Guarda-A Pasase. O Consello de Administración do ente público ratificou na súa última reunión estes plans que permiten unha mellor planificación e explotación do solo portuario.
O DEUP recolle o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario. Deste xeito, define os usos e actividades que se realizan en cada caso e zonifica o solo portuario para o desenvolvemento futuro das distintas actividades que conviven nos peiraos.
Así mesmo, o Consello de Administración de Portos tomou coñecemento do avanzado estado de tramitación dos DEUP de Cangas, A Pobra, Muxía, Cedeira, Burela e Ribeira. A Delimitación de Espazos e Usos Portuarios é unha actuación encamiñada a mellorar a relación entre os portos e as vilas que os acollen, unha das liñas de traballo permanente de Portos de Galicia que, a día de hoxe, ten aprobada unha trintena de plans para outros tantos portos autonómicos.
Deste xeito, o ente público avanza na cohesión entre o tecido urbano e as infraestruturas portuarias, de modo que poidan beneficiar non só aos usuarios directos, senón tamén ao conxunto da cidadanía. Así mesmo, establece unha planificación e zonificación das diferentes actividades que conviven no peirao, a medio e longo prazo.
Finalmente, no consello de administración tamén se informou do estado de tramitación de diversos Plans Especiais de Ordenación Portuaria. Así deuse conta de que está en fase de tramitación ambiental o de Cambados; véñense de remitir aos concellos correspondentes os de Combarro (Poio) e Canido (Vigo) para que inicien o trámite ambiental; e está pendente de aprobación por parte do concello o de Sada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116