Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 02 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Chenlo prepara a novena edición da Festa do Cabrito ao Espeto

A ELM de Chenlo celebra este domingo, 6 de agosto, a súa cita gastronómica de referencia.

[Img #34108]

 

O vindeiro domingo, 6 de agosto, a Entidade Local Menor de Chenlo celebrará a “IX Festa do Cabrito ao Espeto”. O campo de fútbol, en Chan da Carreira, será o escenario deste evento que permite recuperar a forma tradicional de cociñar o cabrito nesta zona.

 

A implicación de todos os vecinos que participan na organización consiguen que, na súa novena edición, a Festa do Cabrito de Chenlo sexa xa un referente na provincia. Dende a organización esperan repetir o éxito das pasadas e recibir a unhas 2000 persoas.

 

[Img #34109]A partir das 11.00 horas terá lugar unha degustación de pinchos, e dende primeira hora da mañá, a comisión organizadora comezará a asar os cabritos que, arredor das 13:30 horas, se servirán na comida popular. Os prezos serán  os mesmos da anterior edición: 20 euros por cada ración de cabrito, 12 euros a ración de churrasco, 180 euros un cabrito enteiro e 90 euros medio cabrito. Todas as racións inclúen empanada, patacas, bebida, pan, café e un pedazo de rosca.

 

 

 

 

A organización prevé asar uns 80 cabritos e 200 kilos de churrasco

 

 

 

 

Durante toda a xornada amenizará a festa un grupo de gaiteiros e, xa pola tarde actuará o grupo musical 3.COM e levarase a cabo o sorteo dun Cabrito dos Cabreiros de Chenlo e varios agasallos entre todos os asistentes.

 

O evento completarase coa Ruta Cabalar que se desenvolverá pola tarde, a partir das 17:00 horas, e coactuación musical e dj Mark Novo.

 

O alcalde pedáneo da ELM de Chenlo, M. Alejandro Lorenzo, invita a todo o mundo a participar “desta festa que xa é patrimonio cultural de todos os veciños e veciñas de Chenlo”, aos que agradece “ o seu traballo e implicación nestes días, sin os cales, esta festa non sería posible”.

 

As reservas poden realizarse ata este xoves chamando aos teléfonos 607 775 525 o 647 142 782.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.