Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 03 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Fornelos de Montes inaugura o sábado os obradoiros do programa “Depo en Marcha 2017”

Arredor de 20 persoas beneficiaranse ata novembro dunha actividade sobre a conserva da memoria.

O concello de Fornelos de Montes inaugura este sábado 5 de agosto a temporada de obradoiros do programa “Depo en Marcha 2017” da Deputación de Pontevedra, que impartirá ao longo deste exercicio un total de 161 cursos para entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas de 45 concellos da provincia de Pontevedra.

 

As persoas beneficiarias desta primeira actividade do curso serán as pertencentes á Sociedade Cultural Recreativa de Calvos, cun total de 19 participantes no obradoiro “Conservando a memoria”. Con horario de 19:00 a 21:00 horas, a actividade estenderase ata o vindeiro 11 de novembro e servirá para coñecer o funcionamento da mente na memorización, adquirir técnicas básicas para adestrarse no desenvolvemento da memoria e para reflexionar sobre a relación existente entre unha dieta equilibrada e unha boa memoria.

 

A Deputación de Pontevedra pon en marcha este programa de fomento do envellecemento activo a través de actividades encaixadas en diversas temáticas e que conta cun orzamento de 120.000 euros. Con “Depo en Marcha 2017”, a institución provincial busca mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e tamén o intercambio de experiencias.

 

As 8 alternativas de obradoiros que se impartirán nesta ocasión serán “Traballando coas mans”: arte con flores, cestería, elaboración de xabóns, iniciación ao encaixe de palillos, restauración de mobles e tapicería e traballos manuais; “Entre fogóns”: cociña galega, conservas artesanais, licores caseiros, panadería e repostería e tapiñas e petiscos; “Aprendendo da natureza”: plantas medicinais; “Móvete”: pilates, ioga, ximnasia de mantemento e zumba; “Activando corpo e mente”: conservando a memoria, musicoterapia, risoterapia e control e manexo da ansiedade e o estrés; “Enredando”: xogos tradicionais e teatro; “Dálle marcha”: bailes de salón, pandeireta e canto popular; e, por último, “En rede”: Internet, correo electrónico e manexo do móbil, informática de iniciación e Informática avanzada.

 

As actividades terán lugar nun total de 45 concellos da provincia: Agolada, Arbo, Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mondariz, Mos, Nigrán, Pazos, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.