O ROSAL
A Xunta convoca os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora da estrada entre Pancenteo e Marzán
Os propietarios dos terreos deberán achegarse á Casa do Concello do Rosal nas citadas xornadas, entre as 10 e as 13.30 horas.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a resolución pola que se convoca para os vindeiros 4, 5 e 6 de setembro aos propietarios dos terreos afectados polas obras de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353), ao seu paso polo Rosal, para o levantamento de actas previas á ocupación.
Os titulares dos terreos afectados deberán achegarse á Casa do Concello do Rosal nas citadas xornadas, entre as 10 e as 13.30 horas.
O proxecto ten por obxectivo a mellora da seguridade vial en máis de 2,2 quilómetros e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e completando a drenaxe e a sinalización existente en dita estrada.
Con estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, acadarase unha mellora da estrada entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360
As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda e que teñen un prazo de execución de 6 meses, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais.
Con estas accións aumentaranse a comodidade e seguridade da circulación ao ampliar o raio das curvas e facilitaranse os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180