Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 06 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Goberno de Carmela Silva destina 100.000 euros para entidades que fomenten a igualdade

A presidenta da Deputación de Pontevedra considera fundamental este tipo de axudas para acabar coa lacra que supón neste país a violencia machista.

[Img #34163]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión da segunda convocatoria das subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero para o ano 2017. Desta maneira o goberno de Carmela Silva investirá preto de 68.000 euros que súmanse aos 32.000€ que concedéronse na primeira convocatoria mediante subvencións a 4 entidades da provincia.

 

En total, 100.000 € que encaixan na forte aposta que fai a Deputación de Pontevedra pola igualdade e pola loita contra a violencia machista. Estas cifras supoñen un aumento da partida orzamentaria, tal e como sinala Carmela Silva, que subliñou que “estas son subvencións moi importantes para este goberno e por iso neste 2017 aumentamos o orzamento respecto o 2016 en 25.000€. As institucións públicas teñen a obriga de estar ó lado da igualdade e traballar para que os homes e as mulleres teñan as mesmas oportunidades.”

 

O obxectivo destas subvencións é apoiar ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan na provincia de Pontevedra proxectos, programas e actividades en prol da igualdade entre mulleres e homes  e en favor da loita contra a violencia de xénero. Así, foron finalmente 30 entidades as que recibirán esta achega por parte da Deputación. A presidenta Carmela Silva sinalou que “o traballo que fan estas entidades sen ánimo de lucro é moi beneficiosa para a sociedade porque necesitamos que todos esteamos unidos para así acabar coa lacra que supón a violencia machista. Na Deputación de Pontevedra estamos moi comprometidos neste senso e queremos recalcar que unha sociedade non é xusta ata que é igualitaria.”

 

No marco destas subvencións realizaranse actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; proxectos de atención integral para vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos e persoas dependentes o seu cargo; programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados á  mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e campañas de difusión e sensibilización a cidadanía en materia de igualdade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.