O PORRIÑO
O Porriño pagará os 2.174.982,80€ que adebeda a provedores, autónomos e PEMES por traballos ou subministros prestados
O Concello do Porriño pagará os 2.174.982,80€ que adebeda a distntos provedores, autónomos e Pequenas e Medianas Empresas que fixeron traballos ou prestaron subministros e que, nalgún caso, agardaban dende 2012 para cobrar.
"O pasado Pleno da Corporación, co voto en contra do Partido Popular- maila ao feito de que a maioría desta débeda fora xerada cando este partido estaba á fronte do Goberno Municipal- aprobou, finalmente, que se asumise esta débeda que" sinalan dende o Concello. A alcaldesa lembrou o compromiso que tiña adquirido o Concello “por traballos e servizos que se lle prestaran ao mesmo e que é xusto pagar”.
Deste xeito, ademais de saldar as obrigas con estes provedores, garántese "o funcionamento da administración municipal ao satisfacer gastos necesarios coma os da electricidade, teléfono, o lixo ou o alumeado, e evítase que as arcas municipais teñan que facer fronte a xuros legais e custos, derivados dos xuízos que poidan interpoñer os acredores-unha cantidade que a alcaldesa cifra no 30% da débeda total e que superaría, por tanto, os 650.000€ máis o pago da débeda, por suposto-cantidade que debería ser asumida, por tanto, por todos os veciños e veciñas do Porriño".
Precisamente, este foi o que aconteceu no caso dunha das empresas que reclamou xudicialmente ao Concello e que obrigou a aprobar unha partida de máis de 200.000€ para facer fronte ás costas e xuros, á marxe da débeda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170