PROVINCIA
Príncipe Felipe acolle unha nova quenda de cincuenta nenos e nenas nos seus campamentos polideportivos
As deputadas de Deportes e Xuventude, Chelo Besada e Digna Rivas, deron a benvida aos novos participantes.
![[Img #34223]](upload/img/periodico/img_34223.jpg)
As deputadas provinciais de Deportes, Chelo Besada e de Xuventude, Digna Rivas, deron a benvida a un grupo de mozos e mozas de toda a provincia de Pontevedra que participan nos campamentos polideportivos de Príncipe Felipe.
Estes cincuenta rapaces e rapazas, de entre catorce e oito anos, comezaron hoxe unha semana de actividades deportivas nas instalacións de Príncipe Felipe ate o próximo sábado. A deputada de Deportes, Chelo Besada, animou a todos os mozos e mozas a probar algunhas actividades deportivas alonxadas das tradicionais do fútbol ou baloncesto “e coñezades algún novo deporte que vos poda gustar”.
Este grupo é un dos 300 nenos e nenas de toda a provincia de Pontevedra que pasarán unha semana entre xullo e agosto nos campamentos polideportivos en distintas quendas, que este ano tivo unha gran demanda, que segundo Besada “provocou que nos quedaran 75 nenos e nenas en lista de espera por si existía algunha baixa”.
Estes cincuenta nenos e nenas desenvolven actividades relacionadas coa natureza, deporte, aire libre, xogos, xogos de sala, arte, parque multiaventura, deportes en equipo, ou actividades acuáticas. Todas elas co obxectivo de ensinar ás mozas e mozos a desenvolverse nun medio alonxado da súa familia, potenciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico e fomentando tamén o respecto polo medio ambiente e a conservación da natureza.
En réxime de pensión completa os menores durmirán nas instalacións do centro Príncipe Felipe e estarán atendidos por dez monitores durante todo o día. Entre as actividades que desenvolverán destaca a saída o EcoParque de Marín, onde aproveitarán para coñecer aspectos de coidado medioambiental ademais de divertirse nas actividades deste centro.
A deputada provincial, asegurou aos pais e nais, presentes hoxe neste arranque da quenda dos campamento polideportivo, que a atención está sempre garantida e que “aproveiten tamén estas pequenas vacacións dos seus fillos e fillas” .

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149