A LOURIÑA
A Xunta convoca os titulares dos terreos afectados pola construcción dunha senda na estrada PO-331
Os titulares dos terreos deberán acudir no citado día ao Concello do Porriño, ás 9,15 horas os propietarios de fincas situadas neste municipio, e ás 10 horas será a quenda das expropiacións pertencentes ao Concello de Mos.
A Xunta convoca para o vindeiro 22 de agosto aos propietarios dos terreos afectados pola execución dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-331, no lugar de Atín, para a realización do pago dos depósitos previos.

Esta actuación terá un orzamento de máis de 378.000, co cofinanciamento de Fondos FEDER 14/20. O itinerario está enmarcado no Plan de Sendas na comarca de Vigo, ao que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.
A senda na estrada PO-311 dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín.
A senda, que terá un orzamento de máis de 378.000 euros, iniciarase na marxe esquerda da estrada, nas proximidades do Colexio Santo Tomás, no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras-Tameiga
A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde as proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras – Tameiga.
Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras- Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.
Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.
Cómpre lembrar que tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto.
A continuación, un plano co trazado desta senda peonil na estrada PO-331.
![[Img #34252]](upload/img/periodico/img_34252.png)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208