Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 14 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Remata o prazo para solicitar os cursos gratuítos de Español da Deputación de Pontevedra dirixidos a persoas inmigrantes

En total a institución provincial oferta catro cursos gratuítos, entre setembro e decembro, que permitirán preparar o Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE), necesario para adquirir a nacionalidade española.

A Deputación de Pontevedra oferta, por vez primeira, cursos para preparar ás persoas inmigrantes para a obtención do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE). En total serán catro cursos gratuítos que se impartirán no Pazo Provincial da Deputación e na sede de Vigo entre setembro e decembro deste ano.

 

Estes cursos están orientados á obtención do nivel A2 de español no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes, requisito necesario para a adquisición da nacionalidade española. Para obtelo é necesario superar unha proba que precisa dunha preparación previa, cun custo económico, que dificulta o acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación, impedíndolle o seu proceso de integración na provincia e favorecendo procesos de exclusión social.

 

Os cursos que promove o goberno de Carmela Silva pretenden impedir esta situación e facilitar que todas as persoas inmigrantes teñan a posibilidade de acceder á preparación do DELE. Para acadalo, a institución provincial organiza catro cursos de español gratuítos, no Pazo Provincial e na Sede da Deputación en Vigo, dirixidos ata un máximo de 60 persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisen preparar o exame do DELE para a obtención da nacionalidade española.

 

 

 

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 16 de agosto

 

 

 

 

Os cursos, que serán integramente subvencionados pola Deputación de Pontevedra, incluíndo o custe de matrícula do DELE, serán impartidos por persoal docente do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo. En xeral, mediante esta formación prepararase ás persoas inmigrantes para poder realizar probas de compresión de lectura, de comprensión auditiva, de expresión e interacción escrita e oral.

 

A primeira edición, do 18 de setembro ao 6 de outubro, terá lugar no Pazo Provincial en horario de 17:30 a 20:30, do 18 ao 29 de setembro, e de 18:30 a 20:30, do 2 ao 6 de outubro. Nas mesmas datas e horario terá lugar a segunda edición dos cursos pero na sede de Vigo da institución provincial.

 

A terceira edición dos cursos terá lugar na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo entre o 18 de setembro e 6 de outubro en horario de 9:30 a 12:30, do 18 ao 29 de setembro, e de 9:30 a 11:30, do 2 ao 6 de outubro. A cuarta edición, tamén na sede de Vigo, estenderase do 27 de novembro ao 20 de decembro en horario de 17:30 a 20:30, entre o 27 de novembro e 13 de decembro, e de 18.30 a 20:30, entre o 14 e o 20 de decembro.

 

As persoas interesadas en acceder a esta preparación gratuíta terán de prazo para presentar o formulario de solicitude, a disposición na web www.depo.es e nas oficinas do Rexistro da Deputación, ata o mércores 16 de agosto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.