Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 13 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Depo Aventura A Lanzada” conciencia aos nenos e nenas sobre as dificultades das persoas xordocegas

A Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, sinalou que é unha “oportunidade para que a mocidade vexa un mundo composto por persoas diferentes” e sinalou a “importancia da inclusión, unha cuestión de dereitos humanos”.

[Img #34281]

 

A Deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas, visitou o Centro de Vacacións da Lanzada para participar nunha das actividades que se están a desenvolver nas quendas de “Depo Aventura A Lanzada”. Trátase dunha actividade organizada pola asociación XOGA (Organización de persoas Xordas de Galicia) de sensibilización á sociedade, desde cativas e cativos, sobre as dificultades que teñen as persoas xordocegas.

 

Deste xeito e con esta actividade, os nenos e as nenas que participan en “Depo Aventura A Lanzada” están a “adquirir consciencia das dificultades que teñen que superar a diario estas persoas”, sinalou Digna Rivas, “dándolles a oportunidade de coñecer de primeira man o dactilolóxico en palma e tamén de empatizar coa xordocegueira a través de diferentes xogos”.

 

A través dela, a Deputación de Pontevedra e XOGA impulsan dúas probas que forman parte dunha “ximcana da campa” cooperativa, coa participación de 50 nenas e nenos en cada unha delas, ambas as dúas coa xordocegueira como protagonista. A primeira delas é un percorrido individual de obstáculos a superar cos ollos tapados, co obxectivo de concienciar sobre as dificultades destas persoas. A segunda consiste na busca en colectivo dun obxecto cos ollos vendados empregando o bastón especial para persoas xordocegas. Este bastón vermello e branco, recoñecido pola federación mundial do colectivo (WFDB, World Federation of the Deafblind), é o símbolo que o identifica.

 

A Deputada Digna Rivas salientou que “con esta actividade, as nenas e nenos teñen unha oportunidade única para ver que o mundo está composto de milleiros de persoas diferentes e que estas diferenzas son, precisamente, as que enriquecen o mundo”. Digna Rivas asegurou que “temos que traballar máis para impulsar a igualdade real, a inclusión nos diferentes ámbitos da vida das persoas con diversidade funcional xa que estamos a falar dunha cuestión de dereitos humanos” e lembrou que “en todo o Estado hai máis de 6.000 persoas con xordocegueira, que é un número moi relevante”.

 

En “Depo Aventura A Lanzada” están a participar un total de 2.200 nenas e nenos (45 deles e delas con diversidade funcional), distribuídos en diferentes quendas durante os meses de xullo e agosto, con 300 prazas gratuítas para as familias sen recursos económicos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.