Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 16 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

69 licenzas tramitadas no primeiro mes de vixencia do novo PXOM mosense

A cifra supera en 20 o número de expedientes xestionados no mesmo período do ano pasado, o que supón un aumento de máis do 40%.

[Img #34296]

 

Dende a súa entrada en vigor o pasado 27 de xuño, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mos ven de cumplir recentemente un mes en activo; tempo durante o cal dende o departamento municipal de Urbanismo xestionáronse un total de 69 lizenzas e ou/expedientes rexidos xa polo novo documento do PXOM.


Destes 69 expedientes 4 foron de obras maiores, 6 licenzas de actividade, 30 obras menores e 29 trámites clasificados como outros expedientes.


Durante o mes previo, xuño de 2017, o total de expedientes tramitados foi de 46; é dicir que o mes que botou a andar o PXOM xestionáronse 23 expedientes urbanísticos máis que o mes anterior.


E respecto ao mesmo período do ano pasado (xullo de 2016) incrementáronse en 20 as licenzas urbanísticas tramitadas no 2017 respecto do 2016, xa que durante o mes de xullo de 2016 tramitáronse 49 licenzas. Dito aumento supón un crecemento porcentual do 41%.


Deste xeito o Departamento de Urbanismo do Concello de Mos continúa a demostrar que é exemplo de traballo eficiente e xestión eficaz dados os datos de tramitación de licenzas do mesmo período do pasado exercizo, que son inferiores aos do actual, experimentándose un incremento froito do esforzo e a adicación diarios realizados polos membros deste departamento.


Plan Xeral
Mos nunca tivera un PXOM e estaba ata o de agora rexido por unhas normas subsidiarias do ano 1992. E agora Mos, grazas a contar co seu Plan Xeral aprobado e en vigor, ten máis capacidade para a instalación de empresas e máis seguridade para as empresas que se instalen aquí, así como máis valor para as vivendas que se constrúan.


O de Mos foi un Plan participativo, as exposicións públicas foron maiores ás que a lei esixía, e de cada 10 alegacións 6 foron aceptadas. O modelo do PXOM de Mos está orientado máis a vivir en vivendas unifamiliares que en edificios en altura. De 39 núcleos rurais pásase a 119 núcleos rurais con este novo Plan Xeral. O 6% do territorio de Mos é un territorio urbano, o 1,8% é superficie urbanizable, e o 75% e solo rústico de protección.
Tamén se ordearon os territorios industriais que estaban en situación paralegal e agora se lle deu seguridade xurídica. E queda definido o plan viario do Concello, así como consolidado o núcleo das Pozas como centro cívico do municipio; prevé a conservación do medio natural, aposta a creación de zonas verdes, etc.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.