Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 18 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño será o primeiro concello de Galicia cun plan de potabilización da auga

O Concello, en colaboración con COXAPO, promove unha iniciativa que busca mellorar as instalacións de abastecemento de auga desde as traídas.

[Img #34316]

 

O Concello de Tomiño está a desenvolver un novo plan de potabilización para mellorar a calidade das augas de abastecemento veciñal, xunto coa asociación COXAPO Galicia, que traballa dende o ano 2006 prestando apoio e asesoramento sobre a xestión das Traídas Veciñais no territorio galego.


 
Entre as actuacións previstas do Plan contémplanse accións de mellora sobre distintos puntos do sistema de abastecemento, tanto na fonte do recurso, os manantiais, coma nos depósitos de almacenaxe e nos sistemas de reparto, onde se inclúen tuberías, canalizacións, etc. Está previsto que os traballos comecen a finais do verán, modernizando e adaptando as instalacións ás novas necesidades da poboación.


 
O Concello de Tomiño será pioneiro en Galicia autoxestionando as súas augas, xa que será o primeiro en contar cun Plan de potabilización propio, salientando a importancia e a necesidade de ofrecer un servizo básico de calidade e con garantía sanitaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.