Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 17 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

Areeiro confirma que a recollida da uva vaise adiantar na maioiría das comarcas

Apunta a unha segunda vendima no outono para os abundantes acios "rebuscos"

[Img #34362]

 

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de asegurar que, dado que a vendima tradicional este ano vaise adiantar de xeito significativo nalgunhas comarcas, é posible a realización dunha segunda vendima no outono dos acios que medran nos gromos coñecidos como netos ("rebuscos"), e que, en xeral, segundo se comprobou nas visitas ás viñas, son abundantes, están sas en xeral e teñen bo tamaño.

 

Por outra banda, na última semana as capturas couzas do acio mantivéronse en niveis extremadamente baixos e, do mesmo xeito que a semana anterior, os únicos síntomas de trips estiveron confinados nos gromos terminais da finca de O Salnés. En canto aos ácaros, é de destacar unicamente a presenza de novos síntomas de erinose de verán que continúan a aparecer nos novos crecementos, nun ano en que realmente o seu axente causal, Colomerus vitis, foi o ácaro máis amplamente distribuído nas viñas.

 

Finalmente, en canto á viña, o aviso sinala que  a ausencia de precipitación destacable continúa favorecendo que aparezan plantas con síntomas de seca, e tamén a elevada luminosidade sobre as caras expostas dos acios está favorecendo a expresión dos golpes de sol. Do mesmo xeito, o clima deste ano favoreceu que se manifesten máis plantas con síntomas de alteracións da madeira, que é preciso marcar nos brazos afectados ou a planta enteira para que estean ben identificadas no momento da poda.

 

Dende a EFA explícase que co desta semana finaliza este ano a publicación dos avisos semanais polo adiantado da campaña, mais sublíñase que, como se fai todos os anos, seguiranse a emitir novos avisos ou información fitosanitaria cando sexa necesario, pero xa sen unha periodicidade fixa. "Un ano máis temos que agradecer a colaboración dos agricultores que nos permiten desenvolver as nosas experiencias nas súas fincas para que poidamos emitir os avisos. Agradecemos tamén a súa colaboración aos técnicos e agricultores que nos informan das súas observacións para poder dar unha visión máis ampla da situación dos cultivos. E, loxicamente, o noso agradecemento a todas aquelas persoas que nos len e nos alentan a continuar a publicación dos Avisos Fitosanitarios. Moitas grazas a todos eles", indica a especialista Rosa Pérez Otero.

 

DIVERSOS FRUTAIS

 

Por outra parte, diferentes especies de árbores froiteiras teñen os seus froitos en fase de maduración/recolección (pexegueiros, algunhas variedades de maceira ou pereira, figos...) e estase a observar que algúns froitos na árbore e tamén caídos ao chan, están en fase de podremia, algúns xa con presenza de certos fungos oportunistas. Algunhas destas podres iniciáronse polas picaduras de insectos para inserir os seus ovos (algunhas moscas) ou para alimentarse deles (avespas), pero outras son debidas a outras causas, fundamentalmente paxaros. "Como sempre dicimos, estes froitos deben ser eliminados co fin de evitar que continúen o seu desenvolvemento as especies de dípteros, que cada ano son máis frecuentes na nosa zona, e que se estenda a contaminación polos fungos oportunistas", destaca Pérez.

 

En canto á pataca, este ano estase a recibir en Areeiro un bo número de mostras de tubérculos cunha alteración de orixe non biótico (fisiopatía) que recibe o nome de "corazón oco". Non ten síntomas no exterior, e maniféstase por un ou máis buracos no centro da pataca que soen presentar nas paredes internas unha capa máis escura de tecido suberificado. Esta alteración está causada por un desequilibrio hídrico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.