Provincia
A Deputación lanza unha campaña de promoción do turismo ornitolóxico nas Rías Baixas
Carmela Silva destacou a relevancia deste tipo de turismo que cada vez ten máis seguimento e que supón unha alternativa "de alta calidade, sostible e respectuosa co medio"
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo responsable en Galicia da Sociedade Española de Ornitoloxía SEO/BirdLife, Gustavo Ferreiro, deu a coñecer este mes unha nova campaña de promoción do turismo ornitolóxico na provincia, co dobre obxectivo de por unha parte dar a coñecer "o potencial deste territorio para a observación de aves en paraxes espectaculares" e ao mesmo tempo "sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de protección destes espazos, que son un recurso natural de primeira orde e unha oportunidade de desenvolvemento turístico a potenciar".
Segundo explicou Carmela Silva, "a provincia de Pontevedra é un dos principais destinos do territorio español para os e as amantes da observación das aves" polo que é importante fomentar este tipo de turismo que "é unha tendencia en auxe" e que pasou de ser unha simple "actividade de ocio" a converterse dende hai uns anos "nunha opción de viaxe diferenciada". Silva destacou que o ornitolóxico é un tipo de turismo "de alta calidade, sostible e respectuoso co medio, que é o tipo de turismo que na Deputación de Pontevedra queremos promover".
O responsable en Galicia da Sociedade Española de Ornitoloxía SEO/BirdLife, Gustavo Ferreiro, sinalou pola súa banda que a provincia de Pontevedra conta con espazos "de primeira orde a nivel Europeo cunhas dimensións menores pero comparables con outras reservas naturais como Doñana, como é o caso do complexo Umia – O Grove, que se pode dicir que está entre os tres máis importantes de España".
Ferreiro asegurou que este tipo de turismo ademais de fomentar a protección do medio "crea riqueza" xa que é capaz de mobilizar a moita xente, por exemplo para observar algunhas das "aves raras que a priori non deberían estar nos continentes europeo – africano pero que aparecen cada ano" e que fan que moitas persoas afeccionadas e expertas se acheguen para avistalos. Así mesmo, segundo explicou o ecoloxista, esta forma de turismo incide na "educación ambiental", tanto para a xente que vén de fóra como para os propios residentes e contribúe á "mellora da calidade das augas, areas, dunas" e do medio en xeral sen deixar de ser compatible co turismo de praia.
O documental achégase a catro enclaves da xeografía pontevedresa con especial interese. Un destes espazos son As Brañas de Xestoso son un ecosistema único que se remota ao Neolítico, destacando a Lagoa Sacra de Olives dentro deste complexo delimitado con muros de cachotería tradicional, no que se poden avistar numerosas aves forestais con presenza localizada no interior pontevedrés, como son as avetardas e sisóns comúns (Tetrax tetrax), Ave do Ano 2017 SEO/BirdLife, cuxa población mundial se viu perigosamente reducida á metade nos últimos dez anos e tamén algunha en perigo de extinción como o voitre negro localizado o pasado ano 2016, un exemplar que na súa idade adulta acada os dous metros e medio de envergadura. Esta paraxe en pleno interior pontevedrés pode visitarse na segunda quincena de agosto e durante o mes de setembro no que se poden avistar numerosas tartarañas pálidas e cincentas.
Outro importante enclave é o complexo intermareal de Umia-O Grove no Salnés clasificado ademais como "zona húmida de importancia internacional" no que os e as visitantes e turistas poden situarse nos distintos miradoiros como o centro de Interpretación da Natureza do Monte Siradella ou as plataformas de O Cavernal na Lanzada ou Con do Guillete, para desde alí fotografar ou simplemente observar patos, así como numerosas garzas reais, lavancos ou pilros. A primavera e o mes de agosto son ideais para visitar este espazo no que ademais se poden observar aves de hábitos nocturnos.
Tamén ten unha especial relevancia o Parque Nacional da Ilas Atlánticas de Galicia, con Cíes como gran protagonista, na que aniña unha das colonias máis importantes do mundo de gaivotas patiamarelas (entorno a 20.000 parellas) e na que habitan o 80% da colonia de corvos mariños cristados da zona cantábrico-atlántica. O paíño europeo e a pardela cincenta tamén dan conta da riqueza de aves mariñas nesta zona. En Cíes, ademais dos observatorios físicos como o de Pedra da Campá os e as turistas e visitantes dispoñen dunha aplicación móbil para a observación de aves. Neste lugar de importancia comunitaria (LIC desde 2001) recomendase a observación de aves na tempada estival ao atardecer.
Por último, o documental tamén recolle as Marismas do Alba, no río Lérez, en Pontevedra, onde hai catalogadas máis de 100 aves.
Así mesmo, como sinalou Carmela Silva, a serie documental pon en valor non só a posibilidade da observación de aves nunhas condicións privilexiadas senón a "beleza e esplendor destes territorios" que fan da provincia de Pontevedra un destino prioritario para as e os amantes desta práctica. A Deputación de Pontevedra colaborou na financiación deste proxecto audiovisual cunha aportación total de 7.260 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149