MOS
O Festival “Bailamos” celebrarase o 2 de setembro dentro de “O Son do Pazo”
Actuarán sete grupos mosenses e a animación de festa correrá a cargo da agrupación folk Algarabía.
Por segundo ano consecutivo, vaise integrar dentro da programación de “O Son o Pazo” o festival “Bailamos”, no que actuarán, na tarde do sábado 2 de setembro, 7 grupos de baile galego do Concello de Mos. A idea principal da organización do festival segue a ser a de consolidar o evento como un referente da música folk e o baile tradicional galego, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes no panorama cultural municipal.
O Festival “Bailamos” contará coa actuación estrela do grupo folk Algarabía e dará comezo ás 17.00 horas da tarde do sábado no Pazo de Mos. Durante a xornada vespertina actuarán os grupos Tangaraño, Santa Eulalia de Mos, Arume de Guizán, Follas Novas de Guizán, Ruada de Torroso, Celado e Nosa Terra de Pereiras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149