Atentado en Barcelona
A Deputación de Pontevedra súmase a repulsa contra o terrorismo
corporación provincial traslada as súas condolencias polos ataques terroristas en Barcelona e Cambrils e a solidariedade coas familias e amigos das vítimas
![[Img #34389]](upload/img/periodico/img_34389.jpg)
A corporación da Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva, súmase a condena polos atentados terroristas en Barcelona e Cambrils e traslada a súa dor e as condolencias ás familias e achegados das vítimas, así como o desexo de pronta recuperación ao máis do centenar de persoas feridas nos ataques.
A Corporación provincial participou na concentración de repulsa aos atentados e de solidariedade coas cidades cataláns, que hoxe tivo lugar diante do Concello de Pontevedra, e expresou "a firme defensa dos valores que marcan o noso modelo de vida e a nosa identidade: a liberdade, a democracia e o respecto polos dereitos humanos".
"Chamamos tamén a cidadanía á sumarse á defensa sen fisuras da loita contra o terrorismo e á colaboración coas forzas de seguridade e dispositivos de emerxencia. Os terroristas poderán causarnos unha enorme dor pero non poderán gañar a batalla da nosa democracia e a nosa convivencia".
Desde este venres a Deputación de Pontevedra súmase o loito oficial de tres días nas administracións públicas. As bandeiras do Pazo provincial ondean a media hasta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149