GALICIA
Conde avanza que Vilanova de Arousa acollerá un novo espazo coworking centrado no sector do turismo e da alimentación
Explica que o novo coworking O Salnés desenvolverase no Pazo Vista Real, cedido polo Concello, e está previsto que inicie a súa actividade en setembro, cun mínimo de 16 e un máximo de 22 proxectos emprendedores vinculados a estes sectores.
![[Img #34416]](upload/img/periodico/img_34416.jpg)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou onte, durante unha visita á adega Gran Vinum, que o municipio de Vilanova de Arousa acollerá un novo espazo coworking destinado ao sector do turismo e da alimentación.
Segundo explicou, o novo coworking O Salnés desenvolverase no Pazo Vista Real, cedido polo Concello, e está previsto que inicie a súa actividade en setembro, cun mínimo de 16 e un máximo de 22 proxectos emprendedores vinculados a estes sectores; dous eidos nos cales Galicia presenta un gran potencial para desenvolver novas empresas.
Concreta que a idea é convocar dúas edicións máis, de cinco meses de duración cada unha delas, ao longo do ano que vén
Conde concretou que a idea é convocar dúas edicións máis, de cinco meses de duración cada unha delas, ao longo do ano que vén. Así, esta aceleradora axudará a que frutifiquen ata 60 proxectos empresariais promovidos por case 200 emprendedores grazas ao servizo de asesoramento que recibirán con esta iniciativa, onde poderán madurar as súas ideas de negocio por exemplo en sectores como o vitivinícola e o conserveiro.
O coworking O Salnés súmase aos outros 7 espazos coworking que a Xunta puxo en marcha por segundo ano consecutivo en colaboración coa Escola de Organización Industrial. Un deles, que tamén se incorpora nesta segunda edición, é o do CIS Madeira en Ourense, específico para o sector forestal. Igual que o da Cidade da Cultura de Santiago, que está orientado ás industriais culturais.
Prevese que esta aceleradora axude a que frutifiquen ata 60 proxectos empresariais promovidos por case 200 emprendedores grazas ao servizo de asesoramento que recibirán con esta iniciativa, onde poderán madurar as súas ideas de negocio en dous sectores de moito futuro
O conselleiro sinalou que parte do atractivo turístico da comarca do Salnés radica no sector vitivinícola e na enogastronomía, e que isto, unido ao compromiso da Xunta por apoiar o emprendemento e a fixación de empresas na Comunidade, é a razón pola que se pon en marcha esta nova aceleradora. “Con esta iniciativa imos dar unha resposta de colaboración entre a Xunta e o Concello de Vilanova para que toda a comarca do Salnés teña un servizo orientado ao impulso de novos proxectos de emprendemento vinculados ás capacidades instaladas na comarca do Salnés”, abondou.
Unha adega con presenza no mercado internacional
Sobre a súa visita á adega Gran Vinum, Conde salientou que se trata dunha empresa familiar que é un exemplo claro de como está a traballar o sector do viño en todas as denominacións de orixe galegas, buscando a calidade e a excelencia, dixo. Ademais, tamén destacou as súas vendas ao exterior, posto que o 95% da súa produción vai dirixida a países como por exemplo EE.UU, Reino Unido, Bélxica, México, Australia ou Xapón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149