o Porriño
José Manuel Estévez trillo, novo concelleiro do PP
![[Img #34427]](upload/img/periodico/img_34427.jpg)
José Manuel Estévez Trillo incorporarase como concelleiro do Grupo do Partido Popular no Concello do Porriño. O novo edil recolle o relevo de Nelson Santos como corporativo e sumará esta nova responsabilidade ao traballo que vén desenvolvendo na agrupación local os últimos anos.
Empresario do sector hostaleiro, a traxectoria profesional de J. Manuel Estévez está especialmente ligada ao mundo da empresa e do emprendemento local. Cabe destacar a súa faceta como produtor musical co seu grupo Traffic House, téndose consolidado como un dos máis recoñecidos de Galicia.
O novo edil, asume esta nova etapa con “moita ilusión, unha enorme responsabilidade e o firme compromiso de dedicar todo o meu esforzo a mellorar a vida dos veciños e veciñas da miña parroquia, Mosende, e do resto do municipio”. Un compromiso e unha entrega que reafirmou ao apoiar o proxecto dos populares concurrindo ás municipais do 2015 en representación da súa parroquia na lista. “O meu obxectivo nesta etapa que comezo é conseguir o mellor para o meu pobo nos diferentes ámbitos”, apunta, “asegurar que os cidadáns de todas as parroquias e tamén do centro urbano teñan garantidos todos os seus servizos, e como prioridade, conseguir que se complete a rede de saneamento nas parroquias”.
Pola súa banda, o presidente do Partido Popular local, M. Alejandro Lorenzo, destaca a “responsabilidade, a valía e a capacidade de traballo de José Manuel”, ao que desexa sorte nesta nova etapa “aínda tendo a seguridade de que exercerá de maneira inmellorable o seu labor como concelleiro”. Neste sentido, Lorenzo subliña que o partido conta na lista con persoas “sobradamente cualificadas e preparadas para asumir esta responsabilidade” que por cuestións persoais ou de carácter profesional non puideron incorporarse á Corporación “aínda que continúan traballando con entrega ao proxecto do Partido Popular. A todos eles agradecerlles tamén a súa dedicación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.33