Salceda de Caselas
Adxudicados os postos da Praza de Abastos
![[Img #34430]](upload/img/periodico/img_34430.jpg)
A Xunta de Goberno Local do Concello de Salceda, celebrada o pasado venres 21 de xullo ven de aprobar a adxudicación definitiva dos postos da Praza de Abastos do municipio por un período de vinte anos que se poderá prorrogar en cinco anos máis. En total adxudicáronse 21 bancadas para venta de peixe fresco, ademáis de 3 postos fixos de carnicería, 1 de foitería e 2 de peixería. Os postos existentes na Praza de Abastos levaban en situación irregular dende o ano 2006 en que caducara a anterior concesión. Daquela o anterior Goberno Municipal promovera un Concurso de Adxudicación que quedara deserto por desacordo dos praceiros coas condicións do mesmo. Logo dun longo proceso regularízase a situación e adxudicanse de novo as concesións.
O Equipo de Goberno segura que leva “apostando firmemente pola posta en valor da Praza de Abastos, para o cal dende o ano 2013 se leva investido xa no edificio e a súa contorna un total de 362.272,03 €, realizando numerosas melloras que están a servir de exemplo para outros Mercados. Mostra disto é que a segunda fase da reforma foi a que obtivo maior puntuación de tódalas presentadas na convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia”.
Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio, destacou a “absoluta transparencia e igualdade de oportunidades coa que se realizou este procedemento, que nace como un novo proxecto de revitalizar a praza e dotala de todo o seu potencial como centro de venta de productos frescos da máxima calidade”.
Pola súya banda Marcos Besada, Alcalde de Salceda salientou que “con esta adxudicación cumprimos cunha débeda pendente cos nosos praceiros. A Praza de Abastos está a ser unha prioridade para este Goberno; levamos executado numerosas melloras e seguiremos a facelo para que o noso Mercado siga a ser un referente por todo o País”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149