Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 24 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra recibe a Daniel Pérez Cortegoso

[Img #34442]O pasado luns a Tte de Alcalde, Marta Valcárcel, e o Concelleiro de Deportes, Ernesto Groba, recibiron no Concello ao seu veciño Daniel Pérez Cortegoso, que ven de proclamarse campión de España en C1 cadete no primeiro fin  de semana de agosto en Sabelo (León).

 

Traxectoria

O 1 de novembro de 2016 comezou unha nova aventura e reto para o xove palista do Penedo Daniel Pérez. Por aquel entón, a nova tempada de cadete  contemplábase como un salto en dificultade técnica e física: a dificultade dos campos de slalom na liga de maiores (cadete, junior, senior e veterano) é maior e os percorridos pasan a ser de unhas 15 portas ata unhas 25 con maniobras, tamén, máis esixentes.

 

Despois dunha pretemporada cargada de esforzo e sacrificio baixo as ensinanzas de Juan, Chicho e Marcos, chegaron as primeiras competicións polo mes de febreiro onde, sen baixar a intensidade dos adestramentos, Daniel conseguiu alcanzar grandes resultados.

 

O transcurso da temporada de Dani pódese decir que foi de menos a máis, adaptándose a unha nova piragua así como os cauces dos diversos ríos que compoñen o circuito nacional de slalom para, finalmente, alcanzar o primeiro posto na cita máis importante do calendario a nivel nacional. Deste xeito, Dani non só se convertiu en campión de España, senón que, coa temprana idade de 15 anos (cadete de 1º ano) quedouse as portas do equipo nacional por apenas unhas centésimas de segundo.

 


Resultados acadados por Daniel, tanto na liga galega de augas bravas como na nacional:


Liga Galega de Slalom Olímpico

  • 1º posto na 1ª Copa da Liga Galega de Slalom celebrada en Salvaterra
  • 1º posto na 2ª Copa da liga Galega de Slalom celebrada en Covas
  • 1º posto na 3ª Copa da Liga Galega de Slalom celebrada en Mondariz
  • 2º posto no campionato galego de Slalom celebrado en Dumbría


Liga Nacional de Slalom Olímpico “Manuel Fonseca”

  • 1º Posto na 1ª Copa de España de Slalom Olímpico celebrada en Mondariz
  • 4º Posto na 2ª Copa de España de Slalom Olímpico celebrada na Seu D`Urgell (Lleida)
  • 2º Posto na 3ª Copa de España de Slalom Olímpico celebrada na Seu D`Urgell (Lleida)
  • 3º Posto na 4ª Copa de España de Slalom Olímpico celebrada en Ponts (Lleida)
  • 1º Posto no campionato de España de Slalom Olímpico celebrada en Sabero (León)

 

Probas de selección

Con tan só 15 anos, Daniel Pérez debutou así mesmo nos selectivos clasificatorios para o equipo nacional junior e absoluto. A segunda así como a terceira copa de España celebradas na localidade leridana da Seu D`Urgell foron selectivas para o equipo nacional; os 10 primeiros de cada categoría gañaríanse así mesmo o dereito a realizar a segunda fase dos selectivos celebrados en Pau (Francia). Dani conseguiu facerse un oco para a segunda fase dos selectivos competindo no esixente canal de Pau e facendo un gran papel. Se ben non quedou nada lonxe de entrar no equipo, sen dúbida algunha, o máis valioso que puido extraer foi a adquisición de experiencia e nivel deportivo, as dúas calidades imprescindibles para facer fronte no próximo a este tipo de probas caracterizadas pola elevada esixencia física e mental.


Nivel académico

A pesares de pasar longos períodos de tempo sen poder asistir ao instituto por mor dos eventos deportivos nos que participou, Daniel non descoidou en ningún momento os seus estudos. Combinando unha boa dose de disciplina e esforzo conseguiu rematar o curso con todo o boletín aprobado. Sen dúbida todo un exemplo para os xoves deportistas que como fixera el, agora comezan a súa aventura no noso club, e tamén un motivo de orgullo para a directiva e adestradores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.