Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Val Miñor Fest supera as mellores expectativas reunindo a preto de 7.000 persoas

Os trece cervexeiros artesanais, que xa traballan na próxima cita, venderon máis de 2.500 litros, esgotando varios deles o produto .

[Img #34446]

 

O ‘Val Miñor Fest’, primeiro festival de toda a comarca adicado á degustación de cervexas artesanas, superou as súas mellores expectativas na súa primeira edición ao reunir a preto de 7.000 persoas no paseo de A Foz de Nigrán (A Ramallosa) do 17 ao 20 de agosto.  Un total de 13 marcas de cervexa artesana de toda Galicia  (unidas a unha de Madrid e outra do Bierzo) despacharon máis de 2.500 litros durante estes catro días, esgotando varias delas o produto o domingo. En total, os cervexeiros venderon 2.000 vasos reutilizables (mercando un vaso as seguintes consumicións se realizaban neste mismo recipiente).

 

Así, dende o Concello de Nigrán e a organización do festival faise o mellor dos balances do evento. "A mestura de cervexa, food-trucks e música en directo de grupos locais nun espazo moi atractivo resultou unha vez máis excelente. É un festival que queremos que forme parte xa da axenda de verán de cada ano en Nigrán como o Solpor; funcionou marabillosamente e así nolo trasmitiron os asistentes", resume o alcalde, Juan González, mentras que Esteban Loureiro, da firma Áncora, engade que están traballando para o ano que ven "ofrecer máis e aínda mellor".

 

 

 

 

"A mestura de cervexa, food-trucks e música en directo de grupos locais nun espazo moi atractivo resultou unha vez máis excelente. É un festival que queremos que forme parte xa da axenda de verán", resume o alcalde

 

 

 

 

O Concello de Nigrán estrenou este ano o Val Miñor Fest e tamén Solpor en Monteferro, dous eventos que o goberno local xa avanza que se repetirán. Ademais, este fin de semana será a cita do Vive Nigrán! no campo de Lourido, último festival do circuito Rías Baixas Fest. "Dende o goberno local apostamos por concertos ao aire libre en lugares de indubidable encanto e dirixidos a públicos de tódalas idades, o que xenera un ambiente familiar moi agradable", sinala González.

 

Segundo o resultado das votacións do público asistente, a cervexa favorita foi Belecker, a mellor etiqueta tamén Belecker e o mellor food-truck o de Bendita Cocina.

 

As marcas que estiveron presentes foron Faxilda, Bubela, Santo Cristo, A cova da serpe, Trisk-Ale, Vacaloura, Belecker, Nos, Áncora, Nasa, Palecat, Saramagal e Kel´s.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.