GALICIA
A Xunta de Galicia apoia a mobilidade xuvenil a través do programa A Xuventude no mundo
Cecilia Vázquez resaltou que os intercambios “consolidan valores como a solidariedade, a democracia e a amizade; facilita a concienciación intercultural e a mellora das competencias lingüísticas” entre outras cousas.
![[Img #34472]](upload/img/periodico/img_34472.jpg)
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, recibiu hoxe aos 14 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que participarán no intercambio de ida á Prefectura de Wakayama (Xapón) do 29 de agosto ao 5 de setembro, no marco do programa de mobilidade xuvenil “A Xuventude no mundo”.
Cecilia Vázquez resaltou que durante a semana de duración do intercambio, “os participantes galegos serán os embaixadores da cultura galega no Xapón, ao tempo que coñecerán a cultura e lingua xaponesa, as súas costumes, interactuarán con mozos e mozas xaponeses en distintas actividades e durante tres días convivirán con familias xaponesas de acollida”.
O programa que desenvolverán estes 14 mozos e mozas combina actividades educativas e culturais como a recepción polas autoridades da Prefectura de Wakayama; unha reunión de traballo na Universidade, na que os mozos, galegos e xaponeses, traballarán conxuntamente para coñecer e dar a coñecer as súas rexións; a visita á cidade de Tanabe e ao Mosteiro de Koyasan Nishimuroin: ou o percorrido dunha parte do Camiño Kumano Doso no que visitarán o Centro do Patrimonio Kumano Hungu e o santuario sintoísta Kumano Hongo Taisya.
A titular do departamento autonómico fixo especial fincapé na realización deste percorrido, pois “a cultura galega e a xaponesa se ben son moi distintas, están unidas por un vínculo, os dous itinerarios de peregrinación: o Camiño de Santiago en Galicia e o Camiño Kumano Kodo en Wakayama, dúas rutas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, puntos de referencia no que converxe a pluralidade de concepción de distintos pobos, culturas, linguas e relixións”.
Vázquez resaltou que os intercambios xuvenís “permiten aos mozos e mozas participantes desenvolver habilidades, competencias e coñecementos, descubrir novas culturas, costumes e estilos de vida, consolidar valores como a solidariedade, a democracia e a amizade; facilita a concienciación intercultural e a mellora das competencias lingüísticas”. Un proceso de aprendizaxe que se realiza a través de métodos de educación non formal. Neste sentido, recordou que ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2015, da participación no programa “A Xuventude no mundo” se deriva o dereito á expedición do certificado de educación non formal en materia de xuventude, certificado a través do que se lle da visibilidade á aprendizaxe non formal adquirida e se validan as competencias asumidas, contribuíndo así á mellora das posibilidades de emprego da mocidade galega.
A Xunta de Galicia pon en marcha o programa “A Xuventude no mundo” para cumprir o seu obxectivo de promoción da mobilidade xuvenil
A Prefectura de Wakayama e a Xunta de Galicia comparten vínculos desde a sinatura do seu irmanamento en 1998. A partir dese ano se están a realizar distintos programas conxuntos, sobre todo centrados no turismo e na cultura. No que respecta á xuventude, en 2009 estableceuse un protocolo de traballo entre as dúas administracións rexionais para favorecer os lazos de unión entre as entidades xuvenís de Wakayama e Galicia. Así con este grupo de mozos e mozas galegas esta será a décimo cuarta experiencia de intercambio xuvenil entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama, sumando un total de 215 participantes.
‘Horizonte 2020’
A Xunta de Galicia ten como un dos seus eixos prioritarios das políticas de xuventude a promoción da mobilidade xuvenil. Deste xeito, o Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2020, “Horizonte 2020”, inclúe 20 medidas de fomento da mobilidade xuvenil. Unha mobilidade que se debe entender non coma a participación pasiva en meros viaxes turísticos ou vacacionais, xa que os mozos e mozas son acollidos por unha entidade xuvenil do país de referencia e comparten un amplo programa de actividades, o que supón unha implicación activa dos mozos na vida social, cultural e educativa, da rexión á que temporalmente se van a desprazar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149