TUI
O conselleiro destaca o éxito da colaboración administrativa na salvagarda e posta en valor da catedral de Tui
A intervención de acondicionamento no complexo da basílica tudense suporá un investimento próximo aos 500.000 euros e ten un prazo de execución de seis meses.
![[Img #34476]](upload/img/periodico/img_34476.jpg)
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz Álvarez, canda o bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua, visitaron esta semana as obras de acondicionamento que veñen de dar recentemente comezo no conxunto catedralicio tudense.
As actuacións consistirán no acondicionamento e rehabilitación das dependencias do antigo pazo episcopal para destinalas a usos culturais, compatibilizando estes usos coa actividade institucional e representativo do bispado. A obra foi adxudicada polo Ministerio de Fomento por 463.248,37 euros e ten un prazo de execución de seis meses. A Xunta colabora asumindo os máis de 25.000 euros do custo dos honorarios técnicos da dirección das obras.
Trátase dunhas obras que o conselleiro cualificou como “moi importantes” tanto polo que suporán para o aproveitamento cultural deste conxunto de orixe medieval, como polo que comportan para a salvagarda, nas mellores condicións posibles dunha das cinco catedrais de Galicia. Román Rodríguez destacou o “exemplar traballo interadministrativo” e destacou que se trata de algo “bo no seu conxunto, tanto para Tui e o Baixo Miño, como para o conxunto de Galicia”; e concluíu afirmando que, “entre todos, estamos a contribuír a que cidadanía poida coñecer o patrimonio cultural galego, incrementando ao tempo o valor e atractivo turísticos deste espazo e a súa contorna.”
Alcance dos traballos actuais
Nestas primeiras semanas de execución completouse a instalación dos medios auxiliares para a elevación de cargas, a implantación na obra e as medidas de seguridade e hixiene previstas no Plan de Seguridade e Saúde. En canto aos traballos efectivos na obra realizouse a demolición e retirada de entullos da tabiquería non estrutural que separaba as distintas dependencias que van ser obxecto do acondicionamento.
Na visita ás obras participaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz Álvarez, o bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua
Os principais traballos que se ten previsto acometer son a restauración da cuberta do edificio; o saneamento de xuntas da fábrica en toda a zona de actuación do proxecto, mediante a limpeza e retirada de morteiros de cemento e substitución destes por morteiros de cal e a colocación na cara interior das fachadas dun trasdosado autoportante lixeiro. Así mesmo, acometerase a reparación das reixas de forxa e das fábricas danadas no seu contorno e a eliminación das reixas non históricas e sen función; colocarase pavimento onde sexa preciso para mellorar a accesibilidade ao conxunto en zonas claves como ascensor e aseos.
Neste sentido, nas plantas primeira e segunda levantarase o pavimento existente, agás no Salón do trono e na Gardería de santos, e colocarase un novo firme de linóleo. Na Gardería de santos reaproveitarase o pavimento existente e no salón do trono utilizarase como base para o novo chan de linóleo. Finalmente, actuarase no conxunto das carpinterías de madeira, segundo o seu estado de conservación; abrirase un oco entre a sala capitular e a zona das Necesarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115