GALICIA
Preto de 90.000 persoas visitan os parques naturais de Galicia atraídos por un turismo diferenciado e de calidade
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá a carpa informativa instalada na zona portuaria de Sanxenxo para a promoción da Rede galega que aglutina estes espazos naturais.
Preto de 90.000 persoas visitaron ata o pasado mes de xullo algún dos seis parques naturais de Galicia atraídos por un turismo diferenciado e de calidade. Así o indicou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a súa visita esta mañá á carpa informativa instalada na zona portuaria de Sanxenxo para a promoción da Rede galega que aglutina estes espazos naturais.
A titular do departamento autonómico destacou a vila de Sanxenxo como “un dos mellores escaparates” para dar a coñecer a riqueza natural e paisaxística de Galicia, representada, entre outros espazos, nos seis parques cos que conta a Comunidade e que están a consolidarse como un referente do turismo activo e de contacto coa natureza.
Neste senso, Beatriz Mato explicou que esta actividade turística require dunha planificación coherente e ordenada, que garanta a preservación deste enclaves especialmente sensibles e a conservación da súa autenticidade e valores patrimoniais, tanto desde o punto de vista natural como cultural.
“Por iso -engadiu-, puxemos en marcha o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia cuxo obxectivo é converter os espazos naturais en lugares máis coñecidos e recoñecidos polos galegos e as persoas que nos visitan, sempre desde un punto de vista sustentable”.
De feito, accións como a que tivo lugar hoxe en Sanxenxo e que xa pasou pola cidade de Vigo, forman parte desta planificación, que contempla un total de 29 actuacións e dispón dun orzamento de 4 millóns de euros que se investirán ao longo dos vindeiros catro anos.
Mato Otero lembrou que neste punto de información pódese adquirir o pasaporte natural, coñecido como a ‘Compostelana’ dos parques, mediante o cal convídase á cidadanía a percorrer estes enclaves e coñecer a súa riqueza e singularidade
Unha desas actuacións é a creación do pasaporte natural, tamén coñecido como a ‘Compostelana’ dos parques naturais de Galicia, que se pode adquirir na carpa de información e tamén nos centros de acollida de visitantes de todos os parques de Galicia. Con esta iniciativa, recordou a conselleira, “queremos convidar á cidadanía a percorrer todos os parques da Comunidade e deixar constancia do seu paso mediante un selo”. A idea é, polo tanto, “achegar ás persoas á riqueza e singularidade do noso patrimonio natural”.
Paquetes turísticos
O Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia contempla, tamén, a participación en feiras turísticas como xa se fixo en Intur, Delta Birding Festival, Birdfair ou Fitur. Igualmente, prevé a creación, en colaboración con Turismo de Galicia, de paquetes de turismo activa, que xa se puxeron en marcha no Xurés e que se estenderá ao resto dos parques de Galicia.
Neste senso, a conselleira de Medio Ambiente asegurou que a elaboración destes paquetes turísticos cos que se pretende dar a coñecer a totalidade destes enclaves avanza a bo ritmo e poderán ser presentados proximamente.
Por último, subliñou a activación da páxina web e aplicación informática da Rede de Parques de Galicia como outra das acción previstas no Plan de promoción e a realización de programas de voluntariado ambiental e a actividade ‘Dinamizando o medio ambiente’ dirixidas a mozos de entre 16 e 30 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149