Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 26 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Xunta e Semana Verde organizarán en 2018 a II Feira da Enerxía para que se posicione como referente do sector

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, mantivo unha reunión esta mañá co director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, e co comité organizador para iniciar os preparativos deste evento que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo.

Dende a  Xunta de Galicia aseguran que continúan coa súa" aposta polas enerxías renovables e co seu compromiso por alcanzar unha maior eficiencia enerxética". Por este motivo, ten previsto celebrar en 2018 en Silleda a II Feira da Enerxía, evento que pretende posicionarse como referente do sector no suroeste europeo.

 

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, anunciaron esta semana que ambas institucións traballan na organización desta feira tras o éxito da primeira edición. O anuncio tivo lugar logo dunha reunión co comité organizador que fixou os días 22, 23 e 24 de marzo de 2018 como datas para a celebración da feira.

 

O obxectivo da celebración deste evento monográfico, no que a Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora a través dun convenio coa Fundación Semana Verde de Galicia, é promover os principais sectores enerxéticos galegos, tanto entre os profesionais como entre os consumidores, froito do compromiso do Goberno galego de avanzar cara un modelo enerxético sustentable.

 

Así, tal e como destacou o director xeral, unha das finalidades desta feira que se celebrará o ano que vén na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, é dar a coñecer a estrutura empresarial e produtiva do sector enerxético galego, así como convertirse en punto de encontro para os profesionais. Neste sentido, destacan as grandes oportunidades que a Comunidade ten en canto ás enerxías hidráulica, eólica e a biomasa así como a aposta que nos últimos anos se ten feito desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover o uso de novas enerxías como a aerotermia ou a xeotermia a través de distintas liñas de axudas.

 

 

 

 

A Xunta ten como obxectivo impulsar e lograr un mellor coñecemento dos sectores enerxéticos galegos; destacando o gas natural licuado (GNL), e enerxías renovables como a hidráulica, eólica, solar, aerotermia e xeotermia

 

 

 

 

Froito destas políticas, case o 90% da enerxía eléctrica que consumen os galegos está producida por tecnoloxías renovables, o que repercute nunha mellora do medio ambiente, o aumento da calidade de vida dos cidadáns e unha oportunidade para que as empresas aforren custos e sexan máis competivivas, así como unha dinamización do sector enerxético.

 

Por outra banda, e dentro dos compromisos do Goberno galego tanto de estender o uso de enerxías renovables entre particulares, empresas e administracións, como de promover as boas prácticas no uso da enerxía, esta feira pretende chegar aos consumidores para divulgar as posibilidades que as novas fontes ofrecen, así como fomentar o uso racional das mesmas e promover a cultura da eficiencia enerxética no día a día dos galegos. Así, os asistentes terán a posibilidade de afondar no seu coñecemento do gas natural licuado (GNL), as enerxías renovables clásicas (hidráulica, eólica e solar) e novas (aerotermia e xeotermia) e o potencial do autoconsumo.

 

En concreto, os eixos sobre os que xirará esta segunda edición serán as enerxías renovables, as políticas de aforro e de eficiencia enerxética, así como os combustibles alternativos.

 

Coa celebración da II Feira da Enerxía, o Goberno galego agarda posicionar este evento como un referente do sector no suroeste europeo, así como dar a coñecer fóra das nosas fronteiras o potencial que a Comunidade ten neste ámbito.

 

Éxito da primeira edición
A I Feira de Enerxía de Galicia celebrouse no ano 2016 a través de tres xornadas que reuniron a un total de 5.500 participantes. A convocatoria contou con 241 firmas de 16 países, que deron a coñecer os seus produtos e servizos nun espazo de 11.000 metros cadrados.

 

A Feira ofreceu, ademais, actividades paralelas dirixidas tanto a profesionais como a público en xeral, como 89 conferencias, talleres infantís e un circuíto de vehículos eléctricos e híbridos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.