MEDIO AMBIENTE E TURISMO ANALIZAN CON REPRESENTANTES DO SECTOR HOSTALEIRO DE VIGO A SITUACIÓN EN CÍES
Recupérase a normalidade no aceso ás Illas Cíes
As directoras de Turismo e de Patrimonio natural interesáronse polas situación das reservas nos establecementos hostaleiros e explicaron as medidas tomadas para controlar o acceso ao arquipélago
![[Img #34489]](upload/img/periodico/img_34489.jpg)
As directoras xerais de Patrimonio Natural e Turismo, Ana María Díaz, e Nava Castro, mantiveron hoxe en Vigo unha reunión con diferentes representantes de hostalería e turismo na provincia de Pontevedra, co fin de explicar de primeira man as medidas tomadas para controlar o acceso ao Parque Nacional de Illas Atlánticas, tras o sucedido o pasado día 20 de agosto.
No encontro, no que tamén estivo tamén presente o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicouse que esta decisión foi tomada tras detectar incumprimentos graves por parte das navieiras no mes de agosto e unha vez constado que os apercibimentos e os expedientes sancionadores non deron resultado.
Ademais de responsables de distintos establecementos hotaleiros de Vigo, estiveron directivos da Federación de Hostalería (FEPROHOS) no que están representados a meirande parte dos establecementos hostaleiros da cidade e provincia, da Asociación Provincial de Axencias de Turismo (Avipo) e do Clúster de Turismo de Galicia.
Por parte da Xunta, indicou Ana Díaz, directora xeral de Patrimonio Natural, somos conscientes de que tomamos unha medida “drástica e dura que preferiríamos non ter que tomar, pero que veu derivada da irresponsabilidade das empresas á vista de que ningunha das accións previas, en vía administrativa fixo efecto”. “Tiñamos a obriga de preservar unha das nosas xoias patrimoniais, así como a seguridade das persoas, dous obxectivos para nós primordiais”, explicou.
Desde o pasado martes, tense recuperado a normalidade no acceso ao Parque. Estase cumprindo o cupo de visitantes e non se teñen rexistrado problemas nas xornadas de onte e de hoxe.
Por parte dos colectivos asistentes hoxe á reunión indicaron que non rexistraron cancelacións de habitacións nos hoteis da cidade olívica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149