SALCEDA DE CASELAS
Salceda pon en marcha 9 accións formativas para o que resta de ano
![[Img #34500]](upload/img/periodico/img_34500.jpg)
O Concello de Salceda de Caselas ven de anunciar a convocatoria de nove accións formativas que se desenvolverán durante os meses de setembro a decembro, e que teñen por obxectivo poñer en mans dos veciños e veciñas en situación de desemprego as ferramentas precisas que melloren a súa capacitación e as súas posibilidades de inserción laboral.
Os cursos desenvolveranse no Centro de Desenvolvemento Local ‘O Torrón’, dependente da Concellaría de Formación e Emprego que xestiona Loli Castiñeira. Para participar, os interesados e interesadas deberán cumprir dous requisitos: estar en situación de desemprego e estar dados ou dadas de alta na Bolsa de Emprego Municipal con data anterior á solicitude do curso.
Os cursos que se porán en marcha son os de habilidades comunicativas, inglés, manipulador/a de carretilla elevadora, informática dende cero, preparación das probas da ESO e acceso a ciclos medios,ebanistería (realización de estructuras básicas de madeira), coidados paliativos a domicilio, manipulador/a de alimentos e alérxenos e seguridade informática.
As persoas interesadas deben presentarse no CDL Torrón o día asignado para a proba de selección de cada un dos cursos, que poderán consultar na páxina web do Concello, así como nos medios de difusión do CDL do Torrón ou no mesmo edificio. A Concellaría de Formación e e Emprego conta na actualidade con un AEDL e dúas orientadoras laborais, amosando así a forte aposta do Concello de Salceda por estas áreas.
Todas estas actividades, explicaba a Concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira, teñen a finalidade de facilitar aos veciños e veciñas en situación de desemprego “formación en actividades con alta demanda no mercado do traballo” e que lles permitirán mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego “e mesmo de optar pola opción de autoemprego”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149