PROVINCIA
O alumnado chinés do programa DARI do IESIDE visita a Deputación de Pontevedra
O Deputado de Promoción Turística, Fomento de Industrias Turísticas e Artesanía e Turismo Rías Baixas, Santos Héctor, recibiu ao grupo de estudantes.
![[Img #34531]](upload/img/periodico/img_34531.jpg)
O Deputado de Promoción Turística, Fomento de Industrias Turísticas e Artesanía e Turismo Rías Baixas, Santos Héctor, recibiu esta semana no Pazo Provincial a un grupo estudantes chineses do IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa), que dende o pasado 10 de xullo estiveron en Galicia cursando o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais (DARI) e realizando un proxecto empresarial para diferentes empresas punteiras da comunidade. A comitiva estaba composta por catro rapazas e dous rapaces de nacionalidade chinesa e outros tres estudantes, dous de España e unha de Venezuela, que traballaron co grupo durante a súa estancia.
Héctor Santos valorou moi positivamente experiencias de intercambio cultural como este e sinalou que “a información pode buscarse en Google” pero que estes encontros favorecen a creación de “vínculos e experiencias que só se acadan en persoa”. Ademais, lembrou a importancia que teñen as relacións e investimentos chineses na provincia de Pontevedra e sinalou que “a partir de agora eles e elas serán embaixadores e embaixadoras da nosa terra no seu país”, engadiu o deputado.
Durante a súa visita as e os estudantes puideron coñecer de primeira man o funcionamento da institución provincial e trasladáronlle ao deputado as súas impresións sobre a nosa cultura, da que destacaron a súa sorpresa porque unha muller, Carmela Silva, presidira por primeira vez a Deputación de Pontevedra e a capacidade da cidade de compatibilizar “as festas coa profesionalidade das empresas”, algo que a todos e todas lles gustou especialmente. Pola súa banda, o deputado Héctor Santos felicitounos polo traballo realizado durante este mes e destacou alto nivel de español que demostraron ter a pesar de levar estudando esta lingua dende tan só hai sete meses.
Esta é a segunda edición do Diploma Avanzado de Relacións Internacionais posto en marcha por IESIDE que combina sesións lectivas con traballos en equipo, conferencias, visitas a empresas e actividades de aprendizaxe fóra da aula. Nesta ocasión o alumnado procedente da Universidade de Economía e Comercio Internacional de Beijing, líder neste ámbito en China, tivo a oportunidade de coñecer sectores primordiais da economía galega como a pesca e do téxtil. Tamén o turismo foi unha área que se traballou na edición anterior, na que ademais dúas alumnas chinesas realizaron as súas prácticas no servizo de Turismo Rías Baixas da Deputación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149