Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 29 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
Ponteareas

ACIP denuncia que o peche do taller mecánico do concello “esconde unha privatización encuberta”

[Img #34535]

 

O Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera denuncia o peche do Parque móbil e que o mesmo esconde “a privatización do servizo cun custo moi superior para o Concello”.

 

Asegura que “os mais de 60.000 euros  gastadados  ata a data é un claro exemplo de malgasto económico por parte do goberno local” engadindo que “dita situación esta claro que é a incompetencia manifesta para gobernar e tomar decisións e buscar loa formas máis fáciles de enviar a talleres privados os vehículos municipais e maquinaria”.

 

Desde ACiP pregúntanse “que é o que cambiou cando estando na oposición reclamaban que o Taller mecánico realizase os arranxos dos vehículos municipais e agora no goberno municipal envíanos a talleres privados que nalgúns casos  son ata de fóra de Ponteareas que nos gustaría saber quen tomo esas decisións de favoritismos personalizados”.

 

 

Nun comunicado explican que “nalgúns casos as facturas son esaxeradas en gastos inxustificados  de reparacións co que non xustifica dita factura”.

 

 

González Carrera engade que “calquera Concello deste tamaño ou a propia Deputación Provincial para exemplo deles ten un taller propio o cal aforra miles de euros en reparacións e revisións  dos vehículos e principalmente da maquinaria de visa e obras algo tan sinxelo que vindo facendo no taller municipal”.

 

A máis desde ACiP pregúntanse “quen toma a decisión de enviar  os vehículos a certos talleres  se neste Concello tería que ofertarse a todos e rematar cos favoritismos que tanto denunciaban na oposición”.

 

“A máis toman un acordo ilegal de propoñer o cambio do traballador  asignado no taller cambiándoo do  seu posto de traballo sen respectar os procedementos regrados por lei e que ten que ser o propio pleno quen tería que aprobar o cambio da  praza do traballador” conclúen.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.