GALICIA
A Xunta adxudica outras 11 concesións do novo plan de transporte público de Galicia
Deste xeito, son xa 38 o total de contratos adxudicados a unha empresa ou unión temporal de empresas.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, concluíu esta mañá o proceso de adxudicación de 11 novas concesións de transporte público de Galicia. Despois de analizar a documentación adicional achegada polas empresas en relación con eses 11 contratos, foi posible pechar o proceso de valoración das ofertas.
![[Img #34568]](upload/img/periodico/img_34568.jpg)
Estas novas adxudicacións súmanse ás 27 realizadas onte, de forma que, en total, son xa 38 os contratos de transporte adxudicados a unha empresa ou unión temporal de empresas.
A Administración autonómica completará o proceso de contratación do novo mapa de transporte público por estrada coa adxudicación das tres concesións restantes, que se prevé para os vindeiros días.
A continuación detállase a relación das novas adxudicacións:
![[Img #34540]](upload/img/periodico/img_34540.png)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou esta mañá que o Goberno galego está a seguir a folla de ruta trazada para garantir que todos os veciños do país teñan transporte, independentemente do lugar no que vivan. Ademais, grazas ao Plan será posible darlle continuidade aos empregos do sector e que as pequenas e medianas empresas teñan participación nos contratos de servizo público.
Segundo destacou, a posta en marcha no mes de agosto da primeira fase do Plan de transporte público asegurará o funcionamento dos servizos de autobús cando se materialicen as renuncias das empresas a 570 liñas de transporte.
Esta primeira fase do Plan, segundo dixo a conselleira, constitúe “o inicio da imprescindible modernización do transporte público que Galicia necesita”. E engadiu que o novo modelo que comezará a implantarse vai permitir poñer os 120 millóns de euros que a Xunta destina cada ao ano transporte escolar ao servizo de todos os galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136