Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 28 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda denuncia a "actitude dictatorial do alcalde de Salceda"

O PP de Salceda chegaba ó pleno de onte, venres, "con moitos temas que tratar e mellorar" segundo explicaban.

O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, amosa o seu malestar polo ocorrido no pleno municipal de onte. “Os populares chegábamos ó pleno con moitas propostas sobre a mesa, dando voz ás necesidades que os veciños e veciñas nos veñen trasladando día a día e o Alcalde, amosando unha vez máis o pouco que lle importa este pobo e a falta de democracia que leva imperando durante o seu mandato, nin tan sequera tivo a ben someter a votación do pleno municipal moitas destas. Así o deixou claro en reiteradas ocasións ós alí presentes ó afirmar que é o alcalde quen ordena e que moitas das medidas non procedían”.

 

“Pois ben, moitas destas medidas que non procedían según o alcalde vámolas relatar a continuación para que os veciños/as poidan facerse á idea do que alcalde vetou no pleno”, explica Davila:

 

“En primeiro lugar, tal e como anunciaramos, este Grupo, para agotar a vía política que é como se debe proceder, presentou a solicitude de creación dunha comisión que nos permitiría investigar qué aconteceu cos cartos das entradas cobradas ós veciños e veciñas por tres actuacións no Auditorio Municipal e que continúan sen aparecer, xa que nin o Alcalde nin a Concelleira de Cultura foron quén de demostrar con documentos oficiais o procedemento seguido. Esta comisión foi solicitada amparándonos no ROF e o Alcalde nin tan sequera a someteu a votación afirmando que o tema estaba pechado e negándose a responder ás preguntas deste Grupo, deixando abraiados a moitos dos/as asistentes que se achegaron ó Pleno para coñecer o paradeiro dos cartos. Este tema en realidade non está pechado, porque non hai ningún documento oficial que así o diga. Ante isto, non nos queda outra que chegar a onde teñamos que chegar para averigualo”


Continúa o voceiro “por outra parte, o Goberno Municipal propuxo retirar 9.871,55 euros da partida de instalacións deportivas para proceder a un dos pagos do préstamo solicitado para pagar ós/ás expropiados/as Raiña Aragonta,. Este Grupo coñece que hai que afrontar o pago, mais non está de acordo coa medida de retirar desa partida o importe, por iso presentou unha enmenda; tendo en conta o importe tan elevado de intereses xerados pola irresponsabilidade do alcalde (ó retrasar o pago durante anos) cremos oportuno que os cartos se retiren da partida adicada ós soldos do Goberno (excesivos ó noso parecer e que tan só se verían reducidos nun 4,5%) en vez da de instalacións deportivas (que se reduciría nun 68%)”. Pois ben, esta proposta tampouco foi valorada polo Alcalde, mais gracias ós votos tanto dos populares coma dos socialistas que se sumaron (en contra da proposta do alcalde) os salcedenses non terán que verse perxudicados polas decisións do Grupo de Goberno.

 

“Outra das propostas que este Grupo propuxo ó Goberno, a través dunha moción, era modificar a Ordenanza Fiscal nº21 reguladora do IBI. “O nosso Grupo consideraba que a aplicación do 0,50% (tipo xeral) ós bens rústicos (galiñeiros, cobertizos, almacéns e similares) non era axeitada, polo que propuxemos a aplicación do tipo mínimo, 0,40%, a todos os inmobles cuxo valor catastral fose inferior a 11.000,00 euros. Tamén propuxemos que os suxeitos pasivos que ostentasen a condición de titulares de familia numerosa gozasen dunha bonificación (40% categoria xeral e 50% categoria específica) na cota íntegra do inmoble de uso residencial, sempre e cando se cumprisen unha serie de requisitos. Pois ben, o Alcalde tampouco tivo a ben nin tan sequera someter a votación esta proposta aparándose no feito unha vez máis de que é el quen ordea”,

 

Pola contra, si foi aprobada a moción presentada sobre este Grupo para a mellora da seguridade cidadá en Salceda.

 

“En sumo, o Alcalde non quere que os/as veciños/as de Salceda saibades onde están os cartos que vos cobraron por actuacións no Auditorio Municipal; tampouco lle interesa que paguedes menos (IBI) polos cubertos, cobertizos ou galiñeiros (rebaixa ó 0,40%) ou que os suxeitos pasivos que ostenten a consición de família numerosa gocen dunha bonificación. Tampouco lle importa que se vexa reducida a partida de instalacións deportivas en vez de retirar os cartos da de publicidade (máis de 40,000 euros), da de protocolo ou do seu propio soldo. Ademais, dende o Partido Popular de Salceda cremos que estas faltas de respeto hacia os grupos da oposición e a actitude amosada no pleno de onte por parte do Alcalde e Grupo de Goberno é intolerable. Por todo o anterior, instamos ó Grupo Socialista a que reflexione sobre a cuestión de se este é o Goberno que merecen os salcedenses e se estas faltas de respeto e xeito inquisidor de gobernar se poden permitir a un Goberno en minoría” finaliza Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.