GALICIA
Os encoros de abastecemento da Demarcación Galicia-Costa atópanse ao 70 por cento da súa ocupación total
Todas estas presas presentan valores entre o 65 e o 70 por cento, agás Pontillón do Castro, que supera o 90 por cento, ou Baiona cun 57.
Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 61,05 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 71,27 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 60 por cento. Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 29 de agosto, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de 421,32 Hm3, dos 690,15 (volume total).
Todos os embalses de abastecemento presentan unha porcentaxe de ocupación entre o 65 e o 70 por cento agás o de Baiona, ao 57,11 por cento; e o de Vilagarcía ao 19,14 por cento. O encoro de Pontillón de Castro é o que presenta a maior porcentaxe de ocupación, cun 95,14 por cento.
En relación ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o do Eume é o de maior volume
No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro do Eume é o que presenta o maior volume de ocupación, cun 84,70 por cento. Na táboa, sinálanse os datos do estado actual dos encoros de abastecemento (azul) e de uso hidroeléctrico (verde).
Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase 10 puntos por debaixo, xa que o 29 de xullo de 2016 estaban ao 71,39 por cento, fronte ao 61,05 por cento actual.
Aquí poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.
Cómpre sinalar que, pese a que os encoros presentan niveis inferiores con respecto ao ano pasado, a súa situación, e especialmente a dos de abastecemento, considérase estable dentro desta época do ano, caracterizada pola escaseza de choivas e un aumento do consumo. É necesario recordar que a situación de prealerta na que se atopa a Comunidade activouse debido ao baixo caudal dos ríos e dos acuíferos, que a causa do déficit de precipitacións, teñen dificultades para recargarse.
Augas de Galicia reitera a necesidade de realizar un uso responsable da auga, dada a situación de prealerta por seca na que se atopa a Comunidade motivada polo baixo caudal dos ríos
Neste senso, é importante aclarar que a situación de inestabilidade atmosférica e as precipitacións recollidas nestes días produto das treboadas non parecen suficientes para a recuperación dos ríos e os acuíferos, xa que, para iso, serían necesarias choivas continuadas. En todo caso, haberá que esperar aos próximos días para cuantificar o seu efecto real.
Deste xeito, desde Augas de Galicia, reitérase a necesidade de realizar un uso responsable da auga e máis tendo en conta a situación de prealerta por seca na que se atopa a Comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136