O PORRIÑO
Empezan os novos traballos de conexión á rede de saneamento municipal no barrio da Costeira- Mosende
![[Img #34621]](upload/img/periodico/img_34621.jpg)
A concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de iniciar traballos de asfaltado e de conexión á rede de saneamento no barrio da Costeira- Mosende, cun orzamento de 60.440€, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O concelleiro subliña que “na Costeira era necesario realizar un asfaltado urxente das vías e decidiuse dotar, previamente, ás casas da zona do servizo de saneamento”.
Cando finalicen as obras, nun prazo aproximado dun mes e medio, 15 familias poderán conectarse directamente aos colectores do Consorcio do Louro. Pola súa banda, indica Manuel Carrera, a mellora das estradas suporá a renovación de 2.000 metros cadrados de asfalto, ademais do pintado e sinalización vertical dos mesmos.
Hai que lembrar que so no último mes, a concellería de Vías e Obras puxo en marcha, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o labor de conexión á rede de saneamento na Costeira-Mosende, Albarín-Atios e A Pereira-Contrasto, “que permitirán que un total de 75 vivendas estean unidas á rede municipal”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61