Martes, 04 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 01 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta reforza o Servizo de Axuda no Fogar a persoas dependentes na Guarda

Na comarca do Baixo Miño, á que pertence A Guarda, foron incrementadas preto de 12.000 horas anuais no SAF co obxectivo de atender a un maior número de persoas en situación de dependencia.

[Img #34622]

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta semana en San Caetano co alcalde do concello pontevedrés da Guarda, Antonio Lomba Baz. Este encontro enmárcase na vía de diálogo aberta polo titular autonómico cos representantes dos entes locais co obxectivo de seguir mellorando as liñas de colaboración entre administracións.

 

Así, ambos mandatarios abordaron na entrevista os diferentes programas e servizos en materia social que a Xunta presta na Guarda, facendo especial fincapé na atención ás persoas maiores. Neste sentido, o conselleiro salientou que esta localidade de Pontevedra beneficiarase do novo reforzo do Servizo de Axuda no Fogar a dependentes (SAF-Dependencia) aprobado polo Goberno galego, e que supón un incremento de máis dun millón de horas dispoñibles nesta prestación a distribuír entre os concellos das catro provincias.

 

 

 

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe no seu despacho de San Caetano co alcalde do municipio pontevedrés, Antonio Lomba

 

 

 


No caso concreto de A Guarda, o incremento será de 4.668 horas anuais, o que supón unha subida superior ao 30% con respecto á situación actual do servizo e un investimento de 44.293,25 euros. Deste xeito, o devandito concello pasará a dispoñer dun total de 19.632 horas ao ano, o que posibilitará atender a un maior número de dependentes. Cómpre indicar que este reforzamento do SAF-Dependencia beneficia non soamente a A Guarda senón a outros concellos da comarca do Baixo Miño como Tomiño e O Rosal. No conxunto dos tres municipio, o aumento do SAF suma preto de 12.000 horas.

 

Por outra banda, Rey Varela recibiu do rexedor información sobre a necesidade de mellorar os equipamentos dirixidos á infancia. A Consellería estudiará tecnicamente a viabilidade do proxecto de recuperar un inmoble para albergar un centro infantil. Na actualidade, A Guarda dispón dunha escola infantil municipal con tres unidades e 40 prazas que recibe anualmente unha achega económica de 21.000 euros por parte da Administración autonómica para obras de mantemento e mellora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.