GALICIA
A Xunta de Galicia anima a participar na campaña ‘Volta ao Cole Solidaria’ DA Fundación Carrefour e Cruz Vermella española
O obxectivo desta acción solidaria, que se desenvolverá os días 1 e 2 de setembro en centros Carrefour de toda España, é reducir o impacto económico que supón a compra de material escolar para as familias con menos recursos.
![[Img #34623]](upload/img/periodico/img_34623.jpg)
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou onte na presentación da IX edición da ‘Volta ao Cole Solidaria”, unha iniciativa de ámbito nacional impulsada pola Fundación Solidariedade Carrefour e Cruz Vermella. O acto, que se desenvolveu na sede da Cruz Vermella en Santiago, contou tamén coa presenza da vicepresidenta de Cruz Vermella Española, Manuela Cabrero, a presidenta autonómica da entidade, Carmen Colmeiro, o director rexional de Carrefour para Galicia, Francisco Hipólito, e a directora de Fundación Solidariedade Carrefour, María Cid.
Na súa intervención, Rey Varela saudou a iniciativa que ten por obxecto a recollida de material escolar para axudar a aquelas familias con menores en idade escolar que están atravesando dificultades económicas e non poden facer fronte ao gasto que supón o inicio do novo curso. “A unión de esforzos e a colaboración entre administracións e entre entidades é fundamental para avanzar no obxectivo común de conseguir o maior benestar para todos”, apuntou, ao tempo que lembrou que a Xunta leva anos traballando con Cruz Vermella no ámbito da infancia e de maiores con programas como o de teleasistencia ou o de acollemento familiar..
Nesta liña, o conselleiro sinalou que o apoio ás familias, en especial a aquelas con menores ao seu cargo, constitúe un do eixes centrais das políticas sociais en Galicia. Ao respecto, referiuse a medidas como a ampliación do programa da Tarxeta Benvida, a apertura das primeiras casas niño, o aumento da rede de prazas públicas en escolas infantís ou a consolidación dos bonos concilia e coidado, así como a ampliación das axudas por fillo a cargo, entre outras.
Así mesmo, Rey Varela referiuse á coordinación entre Xunta e concellos para consolidar e seguir mellorando as medidas recollidas na nova Axenda Social de Galicia, que están dirixidas fundamentalmente a beneficiar ao arredor de 36.000 familias galegas en situación de vulnerabilidade. Ao respecto, lembrou que a devandita axenda contempla diferentes eixos de actuación, entre outros: axudas á renda e para a adquisición de medicamentos; medidas para a erradicación da pobreza infantil e da pobreza enerxética; accións de atención á inclusión residencial como o bono alugueiro ou o programa reconduce; programas de inclusión social, de atención á dependencia e de educación ou apoio familiar; e o reforzamento dos servizos básicos sociais dos concellos para prestar unha mellor atención de proximidade.
Rey Varela destacou que a infancia e a familia constitúe un eixe central das políticas sociais en Galicia
O responsable da área social do Goberno autonómico enmarcou o reforzo das políticas de familia, apoio a infancia e conciliación da Xunta no obxectivo de que “Galicia sexa o mellor lugar para ser neno ou nena”, engadindo que este “é un compromiso do que todos debemos participar: administracións, entidades tanto públicas como privadas e a sociedade en xeral”, concluíu.
A campaña ‘Volta ao Cole Solidaria’ celebrarse os días 1 e 2 de setembro no hipermercados Carrefour de toda España onde se recollerá material escolar para axudar as familias con menores en idade escolar que teñan escasos recursos. Carrefour, un ano máis, arranca esta acción coa doazón directa de material escolar, coa que se estima cubrir as necesidades de 6.000 nenos e nenas en situación de emerxencia social.
Unha vez rematada a recollida de material, Cruz Vermella será a encargada de distribuílo entre os menores beneficiarios de cada unha das provincias participantes. Máis de 4.200 persoas voluntarias de Cruz Vermella Española formarán parte desta iniciativa. Estes voluntarios serán os encargados de atender ás persoas que se acheguen ás mesas instaladas nos centros Carrefour para recoller dito material escolar (lapis, rotuladores, cadernos, bolígrafos, etc.) que os cidadáns doen.
Na pasada edición desta campaña, na que participaron 172 centros de toda España, a Fundación Solidariedade Carrefour entregou á Cruz Vermella material escolar por valor de 562.154 euros que deron cobertura a máis de 18.000 nenos e nenas en situación de vulnerabilidade de toda España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136