Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 02 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Gobernos de Ponteareas e Mondariz, e usuarios reclaman a reposición do servizo público de autobuses

Na reunión mantida onte entre os afectados e os gobernos de Ponteareas e Mondariz acordaron solicitar unha reunión urxente coa Consellería de Transporte.

[Img #34640]

 

Usuarios e colectivos afectados polo que consideran "recortes no servizo de transporte público de autobuses" mantiveron onte unha reunión co Alcalde de Ponteareas, a Concelleira de Mobilidade, a Tenente de Alcalde e a Concelleira de Participación Cidadá para acordar as medidas a adoptar na reclamación da reposición do servizo público de autobuses.


Na reunión, mantida na casa do Concello, o equipo de goberno e os afectados acordaron "esixir á Xunta de Galicia o mantemento do servizo de autobuses e a frecuencia existentes ata antes do pasado 8 de agosto, data a partir da cal se produciron os recortes".


O goberno de Ponteareas solicitará unha "reunión urxente coa Consellería para esixir non só a reposición do servizo se non tamén pedir explicacións pola falta de transparencia e información ofrecida tanto aos concellos como aos usuarios quedando moitos deles esquecidos nas paradas dos autobuses sen saber que ese mesmo día deixaba de existir esa liña ou ese horario" explican.

 

 

 

 

Seguirán coa recollida de sinaturas, amósanse tamén preocupados polas novas condicións do transporte escolar

 

 

 


Os afectados, que seguirán coa recollida de sinaturas, amosaron especial preocupación polas condicións do novo servizo de recollida escolar do que tampouco dispoñen de información.


"Neste momento, contabilízanse máis de doce liñas suprimidas nos traxectos lindantes coa N-120 tanto en dirección Ourense como en dirección Vigo" sinalan.


Á reunión asistiron usuarios do centro urbano afectados polo recorte, representantes veciñais das asociacións de veciños de Santiago de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira e Cumiar, ademais do Alcalde da entidade menor de Vilasobroso, a primeira tenente de Alcalde de Mondariz e membros do equipo de goberno do Concello de Ponteareas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.