Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 01 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Preto de 4.000 persoas gozaron da primeira edición do festival 'Vive Nigrán' este fin de semana en Praia América

Os concertos da noite do sábado, con Viva Suecia, Joe Crepúsculo ou Las Bistecs como prato forte, reuniron a máis de 2.200 persoas.

[Img #34645]

 

A primeira edición do festival 'Vive Nigrán' este fin de semana no campo de fútbol de Praia América reuniu durante os dous días a preto de 4.000 persoas, sendo a noite do sábado o momento de maior afluencia con Basanta, Viva Suecia, Joe Crepúsculo ou Las Bistecs, grupos que reuniron a máis de 2.200 persoas.

 

"Tratándose dunha primeira edición non podemos estar máis satisfeitos co resultado. O bo tempo acompañou e novo festival 'Vive Nigrán' tivo un debut perfecto, atraendo a un público familiar que puido gozar da música e gastronomía nunha contorna marabillosa. Toca xa traballar para a vindeira edición", valora o alcalde, Juan González.

 

Concibido como un “Picnic Pop Festival”, supuxo o broche de ouro do circuito Rías Baixas Fest promovido dende a Deputación de Pontevedra ao reunir a 14 bandas do panorama nacional independente e 5 dj´s durante todo os dous días e dende as 12:30 horas da mañá. "Queremos que Vive Nigrán sexa un referente para os afeccionados á música en directo e para aqueles que busquen concertos a pé de praia a calquera hora do día, por iso seguiremos apostando por un público familiar que aproveita o día para vir cos nenos porque sabe que atopará obradoiros, xogos, actividades paralelas ou un market", sinalan dende a produtora, así, baixa esta premisa, os menores de 16 anos puideron entrar gratis.
Un verán sen predecentes

 

"Vive Nigrán pechou un verán cunha programación cultural e festiva sen precedentes no municipio e que terá continuidade o vindeiro ano. Tanto este evento como Solpor en Monteferro ou Val Miñor Fest debutaron cun gran éxito e terán continuidade xunto aos xa establecidos como Nigranjazz, Flota como Poidas ou Rilla na Rúa", sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que realmente a programación festiva finaliza o 31 con 'Os Patos surfean de noite '.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.