SALCEDA DE CASELAS
Davila “o alcalde de Salceda vetou no pleno do venres a moción do PP con respecto ó IBI“
A proposta do Partido Popular nin tan saquera foi sometida a votación por decisión unilateral do Alcalde.
O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, acusa ó actual Alcalde de "vetar a proposta" que os populares levaban ó pleno do pasado venres e "de, unha vez máis, perxudicar ós/ás salcedenses coa subida de impostos".
“No pleno de novembro de 2015, este Grupo presentaba unha moción na que propuxemos baixar o tipo de gravamen do 0,53% ó 0,50%, unha moción que -apoiada polo Grupo Socialista- conseguimos sacar adiante. A nosa intención era que esa medida se aplicase xa no ano 2016, mais as artimañas do Alcalde e do Grupo de Goberno impediron que se publicase antes do 1 de xaneiro de 2016, o que provocou que non comezase a exercer efecto ata este exercicio (2017). Esta medida suporía unha rebaixa do recibo nun 6%” explica Davila.
Continúa o voceiro “non contento con retrasar a posta en marcha desta medida un ano, o Alcalde solicitou a aplicación do coeficiente de actualización dos valores catastrais, incrementando o mesmo nun 8%, unha decisión que era completamente opcional, é dicir, á que non estaba obrigado e que, ainda así, decidiu adoptar -un incremento que tamén repercute no recibo-. Así pois, de pasar dunha rebaixa do 6% no recibo (2016-2017) coa proposta desde Grupo, pasaremos a unha subida do 2% pola decisión do Alcalde. Se non se houbese aprobado a moción do PP, a subida houbese sido do 8%!”.
Debido á decisión do Alcalde de aplicar o coeficiente de actualización dos valores catastrais, o recibo do IBI subirá un 2% ós/ás salcedenses
“En vista disto -relata Davila- o venres pasado presentabamos outra moción en pleno con respecto ó IBI -tendo en contra sempre o mellor para os/as salcedenses-; unha moción que recollía a proposta de modificar a Ordenanza Fiscal nº21 reguladora do IBI: O 22 de maio de 2014, o Alcalde solicitaba á Dirección Xeral do catastro que se incluíse Salceda de Caselas no procedemento de regularización catastral (incorporación de novos inmobles ó mesmo). Este feito non foi comunicado ós/as veciños/as ata o mes de Xullo de 2015, curiosamente con posterioridade ás eleccións municipais, cun resultado de 805 novas altas, sendo a maioría destas de escasa entidade constructiva e calificadas como almacén (galiñeiros, cobertizos, almacéns para gardar apeiros de labranza, leña e similares). O noso Grupo consideraba que a aplicación do tipo xeral, 0,50%, a este tipo de bens inmobles -necesarios para a almacenaxe en entornos de ámbito rural tales como ocorre en moitas parroquias de Salceda- non era axeitada, polo que propuxemos ó Goberno Municipal a aplicación do tipo mínimo -0,40%- a todos os arriba mencionados e cuxo valor catastral fose inferior a 11.000 euros. A adopción desta medida suporía unha rebaixa do 20% no recibo do IBI para o ano 2018.
“A proposta non remataba aquí; tamén contemplabamos na moción -amparándonos no artigo 74.4 do TRLRFL- a posibilidade de que os suxeitos pasivos que ostentasen a condición de titulares de familia numerosa gozasen dunha bonificación (40% as de categoría xeral e 50% para categoría especial) na cota íntegra do recibo do inmoble de uso residencial, sempre e cando cumprisen unha serie de condicións (residencia habitual, estar empadroados na mesma, valor catastral inferior a 55.000 euros, etc). Pois ben, o Alcalde, vetou en pleno esta moción ó non sometela nin tan saquera a votación e amparándose no feito de que el é o que manda. Como podedes comprobar os populares tan só pretendíamos unha mellora para os salcedenses que non saiu adiante pola actitude inquisidora e dictatorial do Alcalde -que deixou asombrados ós/as presentes no Pleno-. Unha actitude completamente intolerable para un Goberno en minoría e que para nada representa os intereses dos veciños/as” remata Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85