Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 03 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputaci'on aproba preto de 345.000 euros para Lalín, Pontecesures, Ribadumia e O Rosal

Ata o momento, a Xunta de Goberno destinou máis de 33 millóns de euros aos concellos da provincia, o 80% do total do “Plan Concellos 2017”.

[Img #34663]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas por valor de preto de 345.000 euros para que os concellos de Lalín, Pontecesures, Ribadumia e O Rosal poidan afrontar cinco novos investimentos. Con esta concesión, a Xunta de Goberno xa destinou máis de 33 millóns de euros aos concellos da provincia o que supón o 80% do total do “Plan Concellos 2017”.

 

Carmela Silva informou que Lalín recibirá 26.990 euros para a financiación parcial da construción dun aparcadoiro de autocaravanas no concello. Con esta achega, Lalín ten xa o 65,43% do orzamento do Plan Concellos aprobado, con preto dun millón de euros xa concedidos.

 

No caso de Pontecesures, a Presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción porque “con esta aprobación, que ascende a 175.000 €, a vila ten xa concedido o 100% do orzamento que lle corresponde do Plan Concellos 2017 e que, este ano, ascende a preto de 350.000 euros”. Silva engadiu que a través da achega o concello de Pontecesures vai reurbanizar o camiño da Paxareira e o camiño de Infesta.

 

Pola súa banda, o concello de Ribadumia recibirá 70.326,86 euros para a financiación da rede de saneamento no entorno da Igrexa de San Andrés de Barrantes. A Presidenta provincial destacou que “con esta achega o concello ten xa aprobado o 93,54% do orzamento do plan provincial, é dicir, máis de 426.000 euros concedidos”.

 

No caso do Rosal, a Xunta de Goberno aprobou destinar 71.275,05 euros para urbanizar a estrada da Devesa. Ata o momento, este concello ten aprobado o 64,9% do orzamento do plan, con máis de 360.000 euros concedidos.

 

O Plan Concellos 2017 ten asignado unha dotación de 41,2 millóns de euros este ano, unha partida un 3% maior que a aprobada no 2016. Entre as tres liñas estratéxicas do Plan, a Xunta de Goberno da institución provincial leva xa máis de 33 millóns de euros aprobados dende xaneiro, é dicir, o 80% do plan.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.